O BNG MANIFESTA O SEU APOIO Á MOBILIZACIÓN QUE SE CELEBRARÁ O DÍA 26 PARA RECLAMAR SERVIZOS NO HULA
Para o BNG a xente ten que rebelarse contra as mentiras do PP
Lugo, 24 de xuño 2014. A responsábel comarcal do BNG, Esther López, manifestou hoxe o apoio do Bloque Nacionalista Galego á mobilización, convocada en Lugo para o xoves 26 de xuño, que reclamará a implantación dos servizos de radioterapia, hemodinámia as 24h., mediciña nuclear e servizos para o vello hospital. Esther López dixo que o BNG apoiará esta manifestación e engadiu, en alusión ás emendas presentadas polos populares á ILP aprobada no parlamento galego, que a xente ten que rebelarse contra as mentiras do PP.
A responsábel do BNG dixo que o goberno de Feijoo pensa que castiga a Lugo pero realmente castiga aos lucenses e ás lucenses que son persoas individuais, con familias, que padecen a súa política despótica. Esther López dixo que tamén son responsables desta situación todos os cargos do partido popular que foron elixidos polos lucenses e que agora non defenden os intereses de quenes os elixiron.
A manifestación partirá, ás 20:30 do 26 de xuño, da praza da Horta do Seminario e rematará diante do edificio administrativo da Xunta e a ela asistirán cargos orgánicos e institucionais do BNG. Dende o BNG trasladarase un convite a toda a militancia e simpatizantes para participar na manifestación.