O BNG CONVIDA AOS LUCENSES A ACUDIR AO PLENO DA DEPUTACIÓN DESTE MARTES

O BNG CONVIDA AOS LUCENSES A ACUDIR AO PLENO DA DEPUTACIÓN DESTE MARTES

O grupo pronvincial do BNG convida aos lucenses a acudir ao Pazo de San Marcos para rehabilitar social e institucionalemente ás persoas represaliados

Mario Outeiro chama a facer do Pleno da Deputación unha grande homenaxe ás vítimas do franquismo

Lugo, 23 de setembro de 2013. O Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego fixo un chamamento ao conxunto da sociedade lucense a que acuda ao Pleno da Deputación Provincial a celebrar o martes 24 de setembro, a partires das 11:00 horas, na sede da Deputación Provincial e participen da homenaxe que o Pleno da mesma ten pensado brindar ao conxunto dos e das represaliadas das comarcas de Lugo.

Segundo indicou Mario Outeiro, portavoz do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, “esta iniciativa responde á tripla vontade de conseguir que o Partido Popular rache dunha vez co franquismo, algo que non ten feito aínda nesta Deputación como quedou patente no momento de retirar diversas distincións honoríficas a persoas e organizacións ligadas ao réxime franquista. Pero tamén con esta proposta pretendemos que o PP se reconcilie coa democracia, que pida perdón ás vítimas do franquismo, posto que transcorridos xa máis de 35 anos da aprobación da Constitución aínda desde esta forza política non se escoitou a palabra perdón destinada aos lugueses asasinados e represaliados pola ditadura. E xa por último, agardamos que esta moción provoque unha reacción de humanidade no PP e proceda a desautorizar a unha persoa, neste caso ao alcalde Baralla, que xustificou, sen ningún rubor, o asasinato e a morte como xeito de facer política. Isto é, alén do autor das palabras trátase de saber se no panorama político galego alguén dá por bo este xeito de facer política”.

O portavoz do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego lembrou que “hai 8000 mil razóns para seguir a defender a democracia nas terras de Lugo, 8000 razóns para seguir a loitar por unha sociedade de iguais, 8000 razóns para seguir a demandar unha Galiza dona dos seus destinos. Son 8000 razóns fillas da barbarie, que teñen nome de cuneta, paseo, paredón, cadea, xuízo inxusto, desterro, multa, consello de guerra, razóns polas que aínda segue a sangrar a Galiza e os galegos e galegas que aspiramos a que nos e o noso poden ser outra cousa. Queremos logo, homenaxear aos nomes dos represaliados da provincia de Lugo a todas as vítimas da barbarie fascista, a canto home e muller desde ás Terras de Lemos, até as chairas que rodean a cidade amurallada, pasando polas costas da Mariña, soñaron e morreron por ese mundo mellor do que nos aspiramos a ser ferreiros”.

Mario Outeiro referenciou “o compromiso con aquel Lugo republicano, obreiro, culto, laico vermello e soberanista que a día de hoxe só recibiu a homenaxe da sociedade sen que por parte das institucións se procedese a facer o xesto preciso para rehabilitar aos homes e as mulleres que fixeron posíbel aquel período.O noso Lugo é aquel da conciencia de clase dos ferroviarios de Monforte e dos mineiros de Viveiro e da Pontenova, é o da cultura, cultura que a forza de propia foi quen de estar na vangarda, a cultura do Ateneo Popular, a de Fole, Martínez López, Lamas, Anxel Johan ou Manteiga, é o das sociedades labregas desde Miñotos, liderada polos irmáns Temblas até a Barrela dirixido por Francisco Domínguez que viron como foron descabezadas e destruídas, e é tamén o que demandou ao longo de todo o período autogoberno para Galiza, na asemblea dos Concellos, nas xeiras autonomistas que chegaron a totalidade dos lugares da provincia, si aquel Lugo soberanista que encheu a Praza Maior coa palabra de Bóveda ou Peña Novo”.

O BNG CONVIDA AOS LUCENSES A ACUDIR AO PLENO DA DEPUTACIÓN DESTE MARTES