“O ROUBO DA RIQUEZA GALEGA: O AFORRO E A ENERXÍA” CHARLA-DEBATE QUE FOI ORGANIZADA POLO BNG

“O ROUBO DA RIQUEZA GALEGA: O AFORRO E A ENERXÍA” CHARLA-DEBATE QUE FOI ORGANIZADA POLO BNG

Bernardo Valdês dixo “o BNG plantexou tres posibilidades distintas para a creación dunha banca galega”

LUGO, 24 de setembro de 2013. O BNG organizou unha charla – coloquio baixo o título “O roubo da riqueza Galega: o aforro e a enerxía”. No acto interviron o traballador de ENDESA, e ex-parlamentario do BNG Fernando Blanco Parga, e o profesor de economía da USC Bernardo Valdês. O BNG aposta pola creación dunha banca pública galega e por que o goberno galego regule a existencia dunha tarifa eléctrica galega.

O profesor de economía da USC dixo que “Os plans do PP consisten en concentrar o sistema bancario nuns poucos grandes bancos que acaparen todo o mercado financieiro”. Valdês apostou pola creación dunha banca pública galega e sinalou que “crear unha banca pública non é unha medida fora de lugar, xa que existen en moitas rexións europeas” e engadiu que “unha banca pública contribuiría a minimizar prácticas de risco e resolvería o problema de finanzamento neste país”.

No relativo á realidade das empresas eléctricas abordáronse cuestións clave no actual marco tarifario que aplican as empresas eléctricas como a aclaración dos conceptos polos que pagamos na factura eléctrica. A situación que propicia o chamado déficit tarifario. Ademais abordaranse cales son as posbiilidades de aplicación das chamadas enerxías renovábeis e cal é o marco xurídico e fiscal que regula a produción deste tipo de enerxía.

Analizarase, tamén, cales serían as vantaxes e repercusións da creación dunha tarifa eléctrica galega. Dado que somos un país con abundancia de recursos para a produción de enerxía eléctrica e exportadores da mesma non é lóxico que os que aquí vivimos teñamos que pagar igual que as zonas e paises que son importadores da electricidade.

“O ROUBO DA RIQUEZA GALEGA: O AFORRO E A ENERXÍA” CHARLA-DEBATE QUE FOI ORGANIZADA POLO BNG