O ROUBO DA RIQUEZA GALEGA: O AFORRO E A ENERXÍA CENTRARÁ UNHA CHARLA-DEBATE ORGANIZADA POLO BNG
Esther López dixo o BNG aborda os problemas reais que ten a xente e de como se poden resolver nun país cun maior grado de soberanía
LUGO, 23 de setembro de 2013. O BNG organiza unha charla coloquio baixo o título O roubo da riqueza Galega: o aforro e a enerxía. O acto será mañá, martes 24 de setembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa Sindical na ronda da Muralla e nel intervirán o traballador de ENDESA, e ex-parlamentario do BNG Fernando Blanco Parga, e o profesor de economía da USC Bernardo Valdês. A responsábel comarcal do BNG, Esther López, asegurou que o BNG aborda os problemas reais que ten a xente e de como se poden resolver nun país cun maior grado de soberanía.
Na charla abordaranse cuestións clave no actual marco tarifario que aplican as empresas eléctricas como a aclaración dos conceptos polos que pagamos na factura eléctrica. A situación que propicia o chamado déficit tarifario. Ademais abordaranse cales son as posbiilidades de aplicación das chamadas enerxías renovábeis e cal é o marco xurídico e fiscal que regula a produción deste tipo de enerxía.
Analizarase, tamén, cales serían as vantaxes e repercusións da creación dunha tarifa eléctrica galega. Dado que somos un país con abundancia de recursos para a produción de enerxía eléctrica e exportadores da mesma non é lóxico que os que aquí vivimos teñamos que pagar igual que as zonas e paises que son importadores da electricidade.
O BNG ven pulando pola creación dunha banca pública galega, este aspecto tamén será aboradado na charla. Analizarase o que vai a supoñer para a economía galega a venta dunha entidade como é novogalicia banco. Ademais trataranse asuntos relativos ao que foi a estafa das participacións preferentes e subordinadas.