O BNG PIDE A “HUMANIZACIÓN” DA PRAZA DO AGRO DO ROLO

O BNG PIDE A “HUMANIZACIÓN” DA PRAZA DO AGRO DO ROLO

Paz Abraira lembrou que “o investimento nesta zona da cidade fora unha das prioridades marcadas polo BNG para a aprobación dos orzamentos municipais”

 Os nacionalistas consideran que a praza ten que converterse nun lugar vivo e agradable para  cidadanía

 LUGO, 20 de setembro de 2013. O grupo do BNG, no concello de Lugo, continua a demandar do goberno municipal que cumpra cos compromisos adquiridos no momento da aprobación dos orzamentos municipais deste ano. Os nacionalistas demandan do goberno municipal que “despois de tantos anos dende a súa inauguración” se avance no proceso de humanización da praza do Agro do Rolo.

Paz Abraira informou de que “houbo un compromiso do Ministerio de Fomento para contribuír á implantación de infraestruturas de ocio nesta praza” pero que “neste momento non queda nada daquel compromiso do goberno do estado”. Por eso o BNG demanda do goberno municipal que acometa a dotación de elementos ocio e ornamentais na praza do Agro do Rolo.

Para o BNG “a praza ten que converterse nun lugar vivo e agradable para cidadanía” que conte con elementos de mobiliario urbano e de ocio para facer o lugar máis atractivo para os cidadáns. Paz Abraira tamén demandou que se prevea a colocación, nesta praza, de elementos de sombra que fagan máis a agradable a estancia das persoas nos días de calor.

O BNG PIDE A “HUMANIZACIÓN” DA PRAZA DO AGRO DO ROLO