O BNG CUALIFICOU DE POBRE E POUCO IMAXINATIVA A ORGANIZACIÓN DA CABALGATA DE REIS
Non se contou coas asociacións culturais de Lugo, a maior parte do orzamento gastouse no alugueiro das carrozas que custaron máis de 4.000 euros cada unha dixo Cristina Ferrerio
Lugo, 7 de xaneiro 2015. A edil do BNG, Cristina Ferreiro, criticou os contidos e a organización da cabalgata de Reis. Ferreriro cualificou de pobre e pouco imaxinativa a cabalgata e sinalou que se gastaron case todos os cartos do orzamento no aluguer das carrozas. A edil nacionalista criticou que non se contara con colectivos culturais lucenses e que non participara a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo por desavenencias coa organización.
A escasa presenza de agrupacións musicais e a falta de colectivos teatrais e culturais de diferentes ámbitos empobreceu a cabalgata que, aínda sendo mellor que a do ano pasado, deixou moi claro que o goberno municipal socialista non está á súa altura dixo Cristina Ferreiro. Para o BNG non é comprensible que o custo das carrozas ascendese a 4.000 euros cada unha. Ferreiro lembrou que cando o BNG tiña responsabilidades de goberno, no ano 2011, o aluguer das carrozas reais foi duns 2.000 cada unha.
Cristina Ferreiro lamentou que os nenos e nenas que estiveron nas rúas vendo da Cabalgata tampouco puideran disfrutar da Banda de Música Municipal que non fixo a totalidade do percorrido por indicacións dos organizadores. A edil do BNG indicou que arredor do nadal e da cabalgata de reis pódense facer actividades lúdicas para involucrar aos nenos e nenas lucenses para que participen nesta súa festa e engadiu que a falta de iniciativa do goberno provoca unha decadencia continuada nas actividades que organizan dende o concello.