RUBÉN ARROXO ACUSA Á XUNTA DE EMITIR “PROPAGANDA FALSA” SOBRE O REMATE DAS OBRAS DA PONTE DE PARADAI

RUBÉN ARROXO ACUSA Á XUNTA DE EMITIR “PROPAGANDA FALSA” SOBRE O REMATE DAS OBRAS DA PONTE DE PARADAI

IMG_7041O candidato do BNG propuxo unha variación no tráfico da zona para facilitar a saída de vehículos en dirección ao Ceao

Lugo, 3 de xaneiro 2015. En relación á información emitida esta semana sobre o suposto remate das obras da ponte de Paradai, prevista pola Xunta para o 28 de decembro, Rubén Arroxo dixo que se trata de “propaganda falsa” e engadiu que “calquera pode comprobar in situ cal é o estado das obras do Plan Paradai e ver que todo o que se veu dicindo nestes días, no que se deixaba entrever o remate destas obras, é propaganda falsa”. Arroxo cualificou de “preocupante” a retirada de persoal e maquinaria do lugar da obra cando a ponte está sen rematar e os enlaces sen exectuar.

“Dende o BNG denunciamos, unha vez máis, o acordo pechado entre PP e PSOE para paralizar o desenvolvemento do Plan Paradai” sinalou o candidato do BNG que explicou que “hai dúas fases, que son as da rúa Serra de Meira e a da Calzada das Gándaras, que non se van executar e Lugo quedará unha vez máis perxudicado polo goberno do PP na Xunta coa compracencia do goberno municipal socialista”. Neste momento, a pesares de que se colocou a plataforma da ponte, as obras están rematar e é totalmente imposible o transito de vehículos.

Arroxo lembrou que a adenda nº3 do convenio para executar as obras do Plan Paradai asinado entre o goberno da xunta e o goberno municipal de Lugo di que o convenio queda circunscrito exclusivamente a obra da ponte e cun custe máximo de 3.557.000 €. “Quedaba reflectido o compromiso de que as obras van rematar en decembro de 2014 e os pagos vanse extender a 2015” explicou Arroxo. O investimento na zona de Paradai pasa de case 9 millóns de euros, do convenio inicial, a  pouco máis de 3 millóns de euros tendo en conta a actualización dos prezos das obras.

Variación do tráfico na zona

O candidato nacionalista anunciou que o BNG proporá facer unha variación na regulación do tráfico nesta zona para evitar a perigrosidade existente no enlace coa Av. Infanta Elena para os vehículos que van en dirección ao Ceao. Rubén Arroxo explicou que “a nosa proposta é que o tramo final da Av. da Infanta Elena que enlaza coa rotonda que da acceso á rúa Miguel de Cervantes, que actualmente é de sentido único, pase a ser de doble sentido” Con este actuación evitarase que, cando se accede dende a rúa Alta ou dende Miguel de Cervantes en dirección ao Ceao, os vehículos teñan que dar o rodeo ao que se ven obrigados na actualidade e vexan abocados a facer un cruce “bastante complexo”.

RUBÉN ARROXO ACUSA Á XUNTA DE EMITIR “PROPAGANDA FALSA” SOBRE O REMATE DAS OBRAS DA PONTE DE PARADAI