O BNG PIDE QUE SE ARRANXEN AS PISTAS DO RURAL ATENDENDO PRIORIODADES E NON INTERESES ELECTORAIS
Os nacionalistas denunciaron o mal estado e a desatención das pistas de Cardoso en San Mamede dos Anxos
Lugo, 2 de xaneiro 2015. A edil do BNG, Cristina Ferreiro, visitou os accesos a Cardoso, na parroquia de San Mamede dos Anxos, para comprobar o mal estado destas infraestruturas viarias da zona rural. Ferreiro pediulle ao goberno municipal que se arranxen as pistas do rural atendendo as prioridades e non os intereses electorais. Ferreiro lembrou que, recentemente, PP e PSOE aprobaron unha importante cantidade destinada a obras e engadiu que sabemos que neste ano, previo ás eleccións municipais, comprobaremos como funcionan as máquinas e os asfaltados pero non pode ser que se deixe abandoados os tramos que máis o precisan para atender unicamente á captación de votos.
Para o BNG compre que ademais de destinar partidas orzamentarias, o goberno municipal se poña a traballar para executar os compromisos que adquiren e solventar as necesidades dos lucenses. Ferreiro dixo que é certo que hai moitas infraestruturas no rural precisan arranxos e esto é unha mostra do que foron catro anos de vagancia por parte do goberno municipal socialista que deixaba sen executar os orzamentos previstos para o mantemento necesario destas pistas das parroquias do concello.