XABRE PARA O DEPORTE DE BASE E PRIVATIZACIÓN DO MELLOR CAMPO MUNICIPAL"
O BNG parabenizou ao goberno municipal pola construción de dous novos campos de fútbol na zona de Montirón pero valorou como pouco ético que se entregue a mellor instalación municipal a unha Sociedade Anónima despois de investir 200.000 na súa adecuación
É un contraste curioso que se gasten 200.000 na mellora do campo privatizado do Ceao e que se poidan facer dous campos cun investimento de 60.000 afirmou Paz Abraira
Lugo, a 30 de decembro de 2014.Paz Abraira destacou que na xunta de compras celebrada hoxe no concello de Lugo foi aprobada a construción de dous novos campos de futbol en Montirón. A voceira do BNG felicitouse da iniciativa municipal e sinalou que tamén quedan demostradas as prioridades do goberno municipal socialista tras entregarlle a unha Sociedade Anónima Deportiva o mellor campo de futbol de propiedade municipal despois de investir nel 200.000 , mentres que para o deporte de base o que temos son campos de fútbol de xabre.
A voceira do BNG lembrou que recentemente o goberno municipal lle entregou á Sociedade Anónima Deportiva do CD Lugo o campo de fútbol do Ceao e valorou como pouco ético que se entregue a mellor instalación municipal a unha Sociedade Anónima despois de investir 200.000 na súa adecuación. Para Paz Abraira é un contraste curioso que se gasten 200.000 na mellora do campo privatizado do Ceao e que se poidan facer dous campos cun investimento de 60.000 .
O proxecto, no que se investirán 60.000, contempla a optimización e mellora do espazo público dunha parcela municipal do polígono Sur-K na confluencia da rúa Montirón coa rúa Fonte da Bica. Esta parcela que hoxe se atopa abandoada contará con dous campos de fútbol de xabre.