RUBÉN ARROXO DIXO SOBRE OS SERVIZOS DO HULA QUE “A RESPONSABILIDADE É DO PARTIDO POPULAR"

RUBÉN ARROXO DIXO SOBRE OS SERVIZOS DO HULA QUE “A RESPONSABILIDADE É DO PARTIDO POPULAR"

O candidato do BNG animou a todos os lucenses a participar na concentración que se celebrará mañá diante da Deputación

Arroxo sinalou a Jaime Castiñeira como “co-responsable xa que está todos os días en Santiago e parece que o único que fai e perxudicar a Lugo”

IMG_6873Lugo, a 29 de decembro de 2014. O candidato á alcaldía do concello de Lugo, Rubén Arroxo, manifestou o apoio do BNG á concentración convocada para mañá por parte dos promotores da ILP que reclamaba servizos para o HULA. Arroxo animou a participar nesta concentración a todos os lucenses para “reclamar servizos necesarios que o goberno da Xunta nos prometeu e non cumpliu”. Arroxo dixo que o BNG acudirá a esta concentración “non so para perdir a deminsión da conselleira se non para esixier responsabilidades ao PP e ao seu portavoz en Lugo, e tamén parlamentario, Jaime Castiñeira que está en Santiago a maior parte do tempo pero non trae nada para Lugo”.

Rubén Arroxo anunciou que “o BNG vai coñecer de primeira man o éxodo que sufren todas as persoas que están enfermas de cancro para poder recibir tratamento”. Arroxo explicou que o BNG aceptou, sen dubidalo, o convite dos impulsores da ILP para acompañar a unha persoa no seu percorrido dende un concello lucense ata a Coruña para recibir o tratamento de radioterapia. O candidato nacionalista sinalou que “dende o BNG lamentamos que ninguén do PP se diganara a coñecer cal é a realidade destas persoas antes de tumbar o texto da ILP”.

RUBÉN ARROXO DIXO SOBRE OS SERVIZOS DO HULA QUE “A RESPONSABILIDADE É DO PARTIDO POPULAR"