O BNG DEMANDA A POSTA EN MARCHA DE ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS REAIS NO CONCELLO DE LUGO

O BNG DEMANDA A POSTA EN MARCHA DE ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS REAIS NO CONCELLO DE LUGO

Antón Bao pediu “participación veciñal na vida política a través dos orzamentos municipais”

O BNG que se efectivice o compromiso pechado co goberno local, como condición á hora de aprobar os orzamentos deste ano 2013 de destinar 100.000 € á participación cidadá

LUGO, 17 de setembro de 2013. Antón Bao, voceiro do BNG no concello de Lugo, e Alexandre Penas, responsábel local do BNG, incidiron na demanda dos nacionalistas de poñer en marcha orzamentos participativos reais no concello de Lugo como un elemento de democracia real. O BNG xa trasladara esta proposta no momento de negociar a aprobación dos orzamentos do concello para este ano 2013. Antón Bao instou “ao psoe e ao goberno municipal a que comence ese proceso para que veciños e veciñas sexan participes dos orzamentos do concello de Lugo.  Bao pediu “participación veciñal na vida política a través dos orzamentos municipais”.

“Dende o BNG queremos que o concello de Lugo avance na implantación dun sistema de orzamentos participativos reais” sinalou Alexandre Penas xa que “este é o xeito máis eficaz para que a xente teña posibilidades de tomar decisións na cousa pública”. Penas engadiu que “é unha evidencia que a participación da xente en política precisa dun impulso por parte das administracións e o BNG quere unha implicación do concello de Lugo neste aspecto”.

O BNG propón avanzar en experiencias propias, ben en barrios ou parroquias, para ir implantando paulatinamente experiencias deste tipo. O BNG propón que a aplicación de orzamentos participativos no concello de Lugo se faga de xeito transversal  implicando a distintas concellerías que teñen incidencia directa na vida dos cidadáns como son infraestructuras, medio ambiente, seguridade vial, cultura, deportes e participación cidadá.

Respecto da proposta de orzamentos participativos para o concello de Lugo realizada polo BNG, Antón Bao dixo que “cifrábamos, para comenzar, nunha cantidade de 100.000 € para repartir nas distintas concellerías, así se estipulou co psoe e así queremos que se cumpra”. Bao sinalou que se trata “dun proceso longo que debe comezar pola formación e conciencia entre a xente á hora de desenvolver este tipo de participación”.

Seguimento de acordos

Bao dirixiuse ao goberno do local dicindo que “a estas alturas de ano o proceso ten que comenzar” e lembrou que “naquel acordo de orzamentos tamén estaban previstas outra serie de cuestións que estamos observando con atención para que se cumpran e se non tomaremos as medidas oportunas”.

O BNG DEMANDA A POSTA EN MARCHA DE ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS REAIS NO CONCELLO DE LUGO