O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO NO BARRIO DO CASTIÑEIRO E LAMAS PRADO

O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO NO BARRIO DO CASTIÑEIRO E LAMAS PRADO

Paz Abraira, acompañada do presidente da Asociación de Veciños e veciños do barrio, comprobou as numerosas deficiencias existentes

Un dos maiores problemas para as persoas residentes que teñen dificultade de mobilidade é a falta de rampas de accesibilidade nas beirarúas de Aquilino Iglesias Albariño  

LUGO, 16 de novembro de 2013. A edil do BNG, Paz Abraira, visitou o barrio de Lamas de Prado e do Castiñeiro para comprobar as numerosas deficiencias exitentes en beirarúas, xardíns, parques intantís e demais infraestruturas comunitarias. Abraira, que estivo acompañada do presidente da Asociación de Veciños do Barrio e de veciños da zona, sinalou que “a maior parte  das deficiencias son facilmente subsanables e non precisan de investimentos elevados”. O BNG trasldará, ao goberno municipal, un rogo pedindo a intervención do concello para acometer estes arranxos necesarios na zona.IMG_1681

Un dos maiores problemas, para as persoas residentes que teñen dificultade de mobilidade, é a falta de rampas de accesibilidade nas beirarúas de Aquilino Iglesias Albariño. Aínda existen zonas no barrio nas que non se acometeron os rebaixes necesarios para garantir que as persoas que transitan en sillas de rodas, e as que teñen dificultades de mobilidade, poidan acceder ás beirarúas e aos edificios.

Abraira visitou tamén un parque infantil situado na rúa Aquilino Iglesias Albariño quIMG_1677e, ademais de estar nun pésimo estado de conservación, non cumpre coa normativa vixente que regula este tipo de espazos de ocio para nenos e nenas. Outra das preocupacións, manifestadas polo colectivo veciñal, é o estado de abandono no que se atopan as zonas comunitarias do barrio. Ademais os veciños tamén lle trasladaron á edil do BNG as súas queixas pola falta de control de fincas e solares que permanecen sen peche perimetral e nas que se acumula gran cantidade de lixo.

O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO NO BARRIO DO CASTIÑEIRO E LAMAS PRADO