O BNG DENUNCIA A INCAPACIDADE DA XUNTA EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS

O BNG DENUNCIA A INCAPACIDADE DA XUNTA EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS

Cristina Ferreiro2“Resulta incompresible que unha muller viva, durante máis dun mes, nun hospital e a Xunta non sexa quen de darlle a solución oportuna” dixo Cristina Ferreiro

O BNG ten presentado numerosas iniciativas para que, no edificio da Antiga Residencia, se habiliten instalacións para un Hospital de Persoas Maiores que poida asumir este tipo de casos

Lugo, 14 de febreiro de 2014. A concelleira do BNG, Cristina Ferreiro, denunciou hoxe a incapacidade da Xunta de Galiza en materia de Servizos Sociais. Ferreiro referiuse ao caso da muller que leva vivindo, dende fai máis dun mes, no HULA e para a que a Xunta de Galiza aínda non buscou a solución oportuna. Para o BNG “esta é unha mostra máis do desmantelamento programado das prestacións de dependencia que está a levar a cabo o goberno do PP na Xunta”. A edil nacionalista engadiu que “a falta de capacidade do goberno da Xunta e os recortes de Feijoo lévanos a situacións realmente surrealista e indignas”.

Para Ferreiro “resulta incompresible que unha muller viva, durante máis dun mes, nun hospital e a Xunta non sexa quen de darlle a solución oportuna”. Logo do ingreso e posterior falecemento do seu home nonaxenario, esta muller quedou a vivir no hospital dada a imposibilidade de vivir soa debido a demencia que padece. Despois de máis dun mes de residencia no HULA os correspondentes departamentos da Xunta de Galiza non foron capaces de darlle a debida solución. “Parece que o PP, anclado na idade media, segue a entender a palabra hospital co significado que tiña naquela época” dixo Cristina Ferreiro.

A situación Cristina Ferreiro manifestou que “os servizos sanitarios non son os que deben facerse cargo da prestación dos servizos sociais” e engadiu que “dende logo este non é o xeito de encher as camas que habitualmente permanecen baleiras nas plantas pechadas do hula polo desvio de pacientes ás clínicas privadas”.

Hospital para maiores no edificio da antiga Residencia

O BNG de Lugo ten presentado numerosas iniciativas no Parlamento Galego para que se dera cumplimento ás promesas de dotar de servizos os edificios do antigo hospital do Barrio da Residencia de Lugo. Ademais dos servizos prometidos, como laboratorio de saúde publica de galicia e centro de saúde, o BNG pula para que un dos edificios se convertera en Hospital para persoas maiores. O Pleno do Concello de Lugo, tamén a instancias do BNG, ten reclamado estes servizos. “A creación dunha instalación deste tipo podería dar cobertura a este tipo de casos que son cada vez máis frecuentes” dixo Cristina Ferreiro.

O BNG DENUNCIA A INCAPACIDADE DA XUNTA EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS