“UN ATAQUE ÁS MULLERES SEN PRECEDENTES” ASÍ CUALIFICOU O BNG A REFORMA DA LEI DO ABORTO

“UN ATAQUE ÁS MULLERES SEN PRECEDENTES” ASÍ CUALIFICOU O BNG A REFORMA DA LEI DO ABORTO

IMG_2558 As participantes neste acto analizaron o pasado, presente e futuro das reivindicacións sobre o dereito á libre decisión da muller

Lugo, 13 de febreiro de 2014. Baixo o lema “Pasado, presente e futuro das reivindicación sobre o aborto” organizou o BNG un acto no que se analizou a evolución histórica da lexislación sobre o dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade. Este acto enmarcouse na campaña que a formación nacionalistas está a desenvolver contra a reforma da Lei do Aborto que está a levar a cabo o PP.

A responsabel de Acción Feminista do BNG de Lugo, Mercedes Mourenza, destacou o carácter aberto e participativo deste acto “quixemos que cada muller contase as súas experiencias e sensacións nos diferentes momentos desta loita pola liberdade a decidir libremente sobre o noso corpo”. Dende o BNG criticaron duramente a reforma da Lei que pretende impoñer o PP e sinalouse que suporá “un ataque ás mulleres se IMG_2537precedentes” para o BNG “ante un recorte de dereitos sen precedentes, hai alternativa: a mobilización e a reivindicación”.

Neste acto lembrouse que o goberno da Xunta tamén está a contribuir a recortar os dereitos das mulleres xa que “desde que Feijoo chegou á Xunta aplica unha gran cantidade de medidas que impiden ás mulleres exercer o dereito á interrupción do embarazo poñendo trabas á aplicación do aborto na sanidade pública” ademais de “recortar en planificación familiar, prazas de xinecoloxía e en servizos de atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, así como no desmantelamento dos Centros Quérote e na batería de medidas que se implantaron desde o inicio da lexislatura coa chamada Lei de Familia e a financiación a organizacións antiabortistas como Red Madre”.

Campaña na rede

IMG_2541O BNG de Lugo porá en marcha unha campaña nas redes sociais para denunciar e explicar as consecuencias da aplicación desta reforma da Lei do aborto que o PP quere impoñer. Para abrir esta campaña as nacionalistas editaron un vídeo que recolle algunhas das imposicións que marca a reforma da Lei e afectación que supón sobre a liberdade das mulleres. Neste vídeo, que se pode ver en http://bng.gal/lugocentro/ participaron simpatizantes, afiliadas e mulleres con cargos significativos dentro do BNG de Lugo.

“UN ATAQUE ÁS MULLERES SEN PRECEDENTES” ASÍ CUALIFICOU O BNG A REFORMA DA LEI DO ABORTO