O BNG DENUNCIA O MAL ESTADO DO ACCESO AO COLEXO DA PONTE
O concello ten que vixiar para que, a pesar das obras, a única rúa de entrada se manteña en boas condicións dixo Paz Abraira
O firme está deteriorado polas obras de dotación de saneamento á Louzaneta e as beirarrúas están bloqueadas pola presenza de contedores
Lugo, a 25 de febreiro de 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, trasladouse ata o barrio da Ponte para denunciar o mal estado do acceso ao colexo público. As obras para dotar de saneamento á zona da Louzaneta provocaron un importante deterioro do paseo de Álvaro Cunqueiro, único acceso ao Colexo de A Ponte. Paz Abraira dixo que o concello ten que vixiar para que, a pesar das obras, a única rúa de entrada se manteña en boas condicións. Dende o BNG sinalaron que nin vehículos nin persoas teñen fácil o acceso ao colexo neste momento.
Durante o verán, e xa iniciado o curso escolar, o paseo Álvaro Cunqueiro permaneceu cortado ao tráfico por mor das obras necesarias para o soterramento do sistema de canalización do saneamento da Louzaneta. Unha vez finalizado o soterramento o firme desta rúa permanece totalmente destrozado polo continuo paso de camións e maquinaria pesada que continúan a traballar nesta zona.
A edil nacionalista anunciou que demandará do concello que se retiren os contedores do lixo da beirarrúas que dificultan o paso das persoas que se desplazan a pé ata o colexo, non é normal que a calzada esté chea de fochancas e as beirarrúas bloqueadas por contedores dixo Abraira.