O BNG DENUNCIOU O RETROCESO DAS POLÍTICAS DOS GOBERNOS DO PP EN MATERÍA DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Para a vice-reponsabel local do BNG de Lugo as políticas da dereita van encamiñadas única e exclusivamente a manter o machismo e o patriarcado.
O BNG reprobou no congreso ao deputado de UPyD Toni Cantó polos seus recentes posicionamentos
Lugo, 26 de febreiro de 2013. Na semana previa á celebración do día internacional da Muller o BNG de Lugo criticou os recortes feitos en materia de igualdade e violencia de xénero. A vice-responsabel local, Merce Mourenza, afirmou que os gobernos da xunta e do estado están a utilizar a excusa da crise económica para retroceder en todo o que se tiña avanzado en matería de igualdade e proteción para as mulleres víctimas da violencia de xenero. Para o BNG non é xustificable a retirada de recursos baixo o argumento de que na actual situación de crise económica non se poden manter esas medidas. O BNG foi crítico coas políticas que o Partido Popular está aplicando en materia de xénero. Merce Mourenza indicou que as políticas da dereita van encamiñadas única e exclusivamente a manter o machismo e o patriarcado.
O partido popular recortou un 70% os orzamentos para atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero e para aplicar campañas de prevención da violencia de xénero esto afirmou Mourenza que engadiu que o PP eliminou o salario que percibían as mulleres vítimas de violencia de xénero; e incrementaron e endureceron os criterios para poder acceder a eles. A realidade é que seguen morrendo mulleres vítimas de violencia de xénero e cada día hai menos recursos para elas, e cada día se presentan menos denuncias. A redución de denuncias é debida a que as mulleres non teñen a qué acollerse e por iso non denuncian, porque se ven na rúa e sen ningún tipo de axuda pública para paliar a súa situación
Sobre as afirmacións de Toni Cantó
Merce Mourenza relacionou coa violencia de xenero situacións como os recentes posicionamentos machistas do deputado de UPyD, Toni Cantó, e relacionou as súas afirmacións co afloramento que se está a dar de formas e ideoloxías que debían formar parte do pasado. O BNG pediu, xunto con outras forzas políticas, a reprobación deste Deputado de UPyD no congreso dos Deputados.