O BNG INTERESOUSE POLAS CONSECUENCIAS DO NOVO TRAZADO DO CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU PASO POR LUGO

O BNG INTERESOUSE POLAS CONSECUENCIAS DO NOVO TRAZADO DO CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU PASO POR LUGO

O trazado actual, publicado recentemente pola Xunta, non coincide co que aparece reflexado no documento do novo PXOM  que tamén foi aprobado pola Xunta

Unha das zonas nas que máis repercusión vai ter esta nova delimitación será o barrio do Carme

Lugo, 25 de febreiro de 2013. O Grupo Municipal do BNG de Lugo dirixiu varias preguntas ao goberno municipal para interesarse polas afectacións que terá o novo trazado do Camiño Primitivo ao seu paso polo concello de Lugo. O Camiño Primitivo foi delimitado pola Xunta de Galiza e esta nova delimitación do trazado entreou en vigor o pasado 11 de xaneiro de 2013.  A edil nacionalista, Paz Abraira, sinalou que “a nova delimitación ao seu paso por Lugo, no barrio do Carme, non coincide coa recollida no novo PXOM e esto leva ao BNG a preocuparse por este asunto”. O novo trazado do Camiño Primitivo, que foi definido pola Xunta de Galiza, foi publicado no DOG do 10 de xaneiro de 2013. No caso do concello de Lugo dase a circunstancia de que este novo trazado no coincidirá co reflectido no novo documento do PXOM que tamén ven de ser aprobado pola propia Xunta.

Segundo Paz Abraira tanto o trazado do propio camiño como a área de protección que leva aparellada terá consecuencias sobre a configuración urbanística dunha importante parte da cidade e do territorio do concello. Unha das zonas nas que máis repercusión vai ter esta nova delimitación será o barrio do Carme. Abraira explicou que “o BNG preocupouse por saber como lle afecta esta nova delimitación á modificación puntual que no seu momento se fixo para dar cumprimento a unha sentenza urbanística na parte baixa do barrio do Carme, no entorno da ronda do Carme” e engadiu que “para o BNG o prioritario é que se poña en valor a zona do Carme que se estuden adecuadamente todos os achados arqueolóxicos nela existentes, que se respeten as construcción existentes, vivendas, muros de pedra... ”.

Para o BNG é fundamental que a zona do Carme non se degrade urbanisticamente xa que segundo Paz Abraira “trátase dunha zona privilexiada que permite conectar a Muralla e o río que son os dous grandes valores da nosa cidade”. En relación ao cambio de trazado do Camiño Primitivo, ao seu paso polo casco urbano de Lugo, Abraira dixo que “pensamos que é necesario respetar o trazado do Regueiro dos Hortos aínda que a agora a Xunta diga que non”. O Regueiro dos Hortos figuraba como parte do trazado do Camiño Primitivo ata esta delimitación definitiva dictada pola Xunta.  Abraira lembrou que “patrimonio da Xunta deulle o visto bo a un PXOM que contiña un trazado determinado que agora xa non é”

O BNG INTERESOUSE POLAS CONSECUENCIAS DO NOVO TRAZADO DO CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU PASO POR LUGO