O BNG DESENVOLVERÁ UNHA CAMPAÑA CONTRA LEI DO ABORTO
Esta campaña únese ás numerosas críticas que esta reforma da lei está a recibir incluso dende dentro do propio PP dixo Esther López
Aborto Libre e Gratuíto: O Noso Corpo, a Nosa Decisión será o lema desta campaña
Lugo, a 30 de xaneiro de 2014. O BNG de Lugo presentou hoxe a campaña que vai desenvolver contra a reforma da lei do aborto. A responsable comarcal do BNG en Lugo, Esther López, e a responsable da comisión acción feminista do BNG, Mercedes Mourenza, presentaron esta campaña que se desenvolverá baixo o lema: Aborto libre e gratuito, o noso corpo, a nosa decisión. Esta campaña únese ás numerosas críticas que esta reforma da lei está a recibir incluso dende dentro do propio partido popular dixo Esther López.
Segundo Esther López afirmou que o BNG non vai descansar até que o goberno do PP retire a proposta lexislativa con que tenta recortar o dereito que permite a libre interrupción voluntaria do embarazo até a semana 14. Para os nacionalistas o Partido Popular continúa a lexislar contra os dereitos das mulleres e propón un marco máis restritivo que o de 1985. A responsábel comarcal do BNG eliminou o suposto de aborto en caso de malformación do feto, suprime a lexislación de prazos, só permite a interrupción da gravidez en caso de violación ou de risco para a saúde da nai e, aínda así, dificulta as condicións.
Mercedes Mourenza, na súa calidade de reponsábel da comisión de acción feminista do BNG, sinalou que o goberno do PP pretende eliminar a capacidade das mulleres para decidir. Se esta reforma da lei chega a entrar en vigor so os médicos ou os xuíces estarán capacitados para decidir sobre o embarazo dunha muller. Ademais só as mulleres con maiores recursos poderán acceder a abortos seguros, ao poderen pagar viaxe, clínica e aloxamento fóra. Entre 1974 e 1986 foron 220.000 mulleres as que viaxaron a Holanda ou Inglaterra para interromperen o seu embarazo. É claro que a prohibición do aborto só conduce á clandestinidade afirmou Mourenza.
As representantes do BNG lembraron que o PP eliminou toda a información e a educación sexual e reprodutiva. Están a pecharse os centros de información e educación sexual para a mocidade -Centros Quérote-. Eliminouse a pílula do día despois dos centros de saúde e suprime o financiamento dos anticonceptivos de última xeración. Ante esta nova agresión contra os dereitos básicos das mulleres, que o PP leva deseñando e executando na Galiza a través de numerosas trabas para exercer este dereito na sanidade pública, desde o BNG, para avanzar cara á igualdade social e á conquista dos dereitos colectivos, exiximos que os hospitais públicos galegos atendan a demanda existente de realización de interrupcións voluntarias de embarazo para garantir