OS COLECTIVOS LUCENSES RECIBIRÁN AS SUBVENCIÓNS DO CONCELLO GRAZAS Á PRESIÓN DO BNG
Esto demostra que o goberno do PSOE mentiu ao decir que cos orzamentos prorrogados non se poderían conceder subvencións nominativas a entidades asociativas dixo Paz
O BNG apoiará a proposta de axudas que se debatirá no pleno e esixiralle ao goberno municipal que lle reclame ao C.D. Lugo S.A.D. os 600.000 adiantados polo concello para a compra de accións
Lugo a 1 de febreiro de 2014. O BNG dará o seu apoio, no pleno de mañá luns, á aprobación da proposta de subvencións nominativas presentada polo goberno municipal para este ano 2014. Foron os nacionalistas quenes, o pasado 15 de xaneiro, retaron á equipa de Orozco a levar unha proposta de orzamento ao pleno de febreiro http://bng.gal/lugocentro/2014/01/15/o-bng-reta-a-orozco-a-aprobar-as-subvencions-nominativas-no-pleno-de-febreiro/ .
A voceira do BNG no concello de Lugo afirmou que esto demostra que o goberno do PSOE mentiu ao decir que cos orzamentos prorrogados non se poderían conceder subvencións nominativas a entidades asociativas en referencia ás declaracións da edil de economía do concello de Lugo, ante os medios de comunicación, nas que indicaba que debido á prorroga dos orzamentos non se poderían conceder subvencións nominativas a entidades asociativas, culturais, sociais, veciñais e deportivas lucenses.
Abraira sinalou que a pesares de estar os orzamentos municipais prorrogados o goberno de Orozco terá a oportunidade de cumprir co tecido asociativo lucense e satisfacerlles as axudas con celeridade neste ano 2014 xa que existen colectivos que aínda non cobraron as axudas do exercicio anterior. Para o BNG é fundamental que estas axudas se tramiten con axilidade xa que son vitais para o funcionamento de máis dun cento de entidades que manteñen unha intensa, e recoñecida, acitividade nos seus respectivos ámbitos e forman parte fundamental da actividade e dos servizos da cidade.
Os cartos do C.D. Lugo S.A.D.
A maior parte dos clubes deportivas sufren, este ano, unha baixada nas axudas que perciben do concello. Situación excepcional é a do C.D. Lugo S.A.D. que este ano non recibirá axuda debido a que non efectivizaron a devolución dos 600.000 que o concello adiantou, no seu momento para acompra de accións. Esta falta de cumprimento do seu compromiso, por parte da S.A.D., obriga ao concello a retirarlle a axuda nos vindeiros anos. Prodúcese así un agravio comparativo co resto dos clubes que ven reducidas as súas axudas, mentres que C.D. Lugo garantiu o cobro e as cuantías das axudas neste ano e nos vindeiros afirmou Paz Abraira.
O BNG esixiralle, xa durante a celebración do pleno de mañá, ao goberno de Orozco que lle reclame ao C.D. Lugo S.A.D. a devolución dos cartos adiantados polo concello para a compra de accións no momento da súa constitución como Sociedade Anónima Deportiva. Abraira lembrou que o BNG sempre foi contrario a que as institucións entrasen a formar parte do accionariado dunha S.A.D. e naquel momento votamos en contra da aportación desta importantísima suma de diñeiro.
Desequilibrio nas axudas
A nacionalista lembrou que no ano 2013, dun total de 1.326.400 , deportes contou con 895.000 o que supón un importante desequilibrio no reparto destas axudas sobre todo se temos en conta que no groso desta cantidade non estamos falando de deporte de base precisamente. Abraira dixo que neste ano vólvese producir este agravio comparativo e os clubes deportivos recibirán un cantidade considerablemente máis elevada que as entidades asociativas, culturais, sociais e veciñais. A pesares de que en cifras globais a partida destinada a entidades deportivas sufre unha baixada, esta corresponde unicamente aos 180.000 que lle corresponderían ao C.D. Lugo S.A.D. O clube de fútbol non percibirá este ano axuda nominativa do concello por non ter devolto, en tempo e forma, os 600.000 que foran adiantados a compra de accións.