O BNG DI QUE O GOBERNO MUNICIPAL CARECE DE POLÍTICA AMBIENTAL
O BNG presentará iniciativas no parlamento galego en relación á solicitude da área comercial de As Saamasas para a instalación dunha gasolineira
O PSOE permite a construción da gasolineira, non fai nada para que Lugo teña zona pública de baño e permite a destrución dos caneiros do Miño afirmou Paz Abraira
Lugo, a 12 de agosto de 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, criticou a actitude do goberno municipal do PSOE en materia ambiental. Para o BNG non é normal que a única posición do goberno municipal, en relación á gasolineira de Carrefour sexa que o concelleiro de medio ambiente saia dicindo que non lles quedou máis remedio que autorizar.... Paz Abraira dixo que a pesares da normativa existente, é inxustificable que o goberno do PSOE non adopte medidas tendentes a evitar esta novo atentado contra o noso patrimonio natural e engadiu que non vale solo con dicir que non se teñen competencias. A voceira nacionalista anunciou que o BNG presentará iniciativas no parlamento galego para tratar de paralizar este novo despropósito a carón do río.
Para os nacionalistas está claro que o goberno carece de política ambiental e esto vese claramente cando se aproba, se máis, alicencia para a instalación dunha gasolineira ao carón do río Miño. Abraira lembrou que o BNG foi a única forza, que xunto con ADEGA, se opuxo con contundencia á creación da área comercial nas Saamasas. O PSOE non está a facer absolutamente nada por manter a calidade ambiental do río e fomentar o seu uso social afirmou Paz Abraria. O PSOE permite a construción da gasolineira, non fai nada para que Lugo teña zona pública de baño e permite a destrución dos caneiros do Miño afirmou Paz Abraira.
Zona pública de baño
A nacionalista referiuse tamén á zona de baño sinalando que o goberno municipal abandonou un proxecto no que nunca fixo demasiados esforzos para que os lucenses tiveran unha zona pública de baño. Abraira lembrou que o BNG leva reclamando dende o ano 2009 unha zona pública de baño. O goberno socialista abandonou o proxecto ante as primeiras dificultades burocráticas e non peleu por conseguir para Lugo algo que Lugo necesita dixo Abraira.
Caneiros
Paz Abraira refereiuse ao abandono que sufren os caneiros e pasividade do goberno municipal en este asunto. A edil nacionalista sinalou o mal estado do caneiro da fábrica da Luz e tamén fixo referencia ao burato existente no caneiro de Acea de Olga. Abraira lembrou que en agosto de 2013 o BNG advertiu sobre o estado do caneiro de Acea de Olga e reclamou que o goberno municipal tomara medidas para o seu arranxo http://bng.gal/lugocentro/2013/08/13/a-empresa-adxudicataria-das-obras-da-ponte-ten-que-reparar-o-caneiro-da-acea-de-olga/