O BNG DIFUNDE UN BOLETÍN INFORMATIVO EXPLICANDO A SITUACIÓN DO PLAN PARADAI

O BNG DIFUNDE UN BOLETÍN INFORMATIVO EXPLICANDO A SITUACIÓN DO PLAN PARADAI

IMG_6116“Queremos que os veciños e veciñas saiban cal é realidade do Plan Paradai neste momento e de cara ao futuro” dixo Paz Abraira 

O BNG destapou o acordo no que PP e PSOE materializaban a paralización das obras previstas para o Plan Paradai 

Lugo, 29 de outubro 2014.  O BNG, a través do grupo municipal no concello de Lugo, achégaralles aos veciños e veciñas da zona de Paradai un boletín informativo expicando cal é a situación actual do Plan Paradai. A voceira muncipal do BNG, Paz Abraira, dixo “queremos que os veciños e veciñas saiban cal é realidade do Plan Paradai neste momento e de cara ao futuro”. Os nacionalistas xa levaron a debate, no pleno municipal, unha moción pedindo o posicionamento do PP e do PSOE sobre o estado do convenio entre Xunta e concello de Lugo para o desenvolvemento do Plan Paradai.

Paz Abraira remarcou que “foi o BNG que destapou o feito de que o goberno municipal aceptara o remate do convenio subscrito coa Xunta sobre o Plan Paradai”. Para os nacionalistas, neste momento, o Plan Paradai foi finiquitado por PP e PSOE. A voceira do BNG dixo que o PSOE trata de confundir á cidadanía e que tentaron que ninguén se enterara do que supoñía para Lugo que o concello aceptara a proposta feita polo PP dende o goberno da Xunta.

“Neste momento o Plan Paradi no existe” remarcou Paz Abraira que lembrou que na xunta de goberno local, celebrada o pasado mércores 17 de setembro, aprobouse a adenda nº3 asinada en xuño de 2014 e referente ao Plan Paradai. Paz Abraira explicou que coa aprobación desta adenda “dase finiquito ao convenio que había asinado entre as dúas administracións para a realización das obras pendentes do Plan Paradai coa realización da ponte de Paradai”.

A adenda nº3 di que o convenio queda circunscrito exclusivamente a esa obra e cun custe máximo de 3.557.000 € que vai rematar na anualidade 2015 e que a vixencia do convenio é ata o remate das obras o 31 de 2015. “Temos o compromiso de que as obras van rematar en decembro de 2014 e os pagos vanse extender a 2015” explicou Paz Abraira. Coa aceptación desta proposta, feita pola Xunta de Galiza, por parte do goberno municipal de Lugo dos catro proxectos do Plan Paradai o único que se vai facer é o que xa está en construción de Ponte Paradai.

O BNG DIFUNDE UN BOLETÍN INFORMATIVO EXPLICANDO A SITUACIÓN DO PLAN PARADAI