O BNG INSISTIRÁ NA NECESIDADE DE CREAR UNHA ZONA PÚBLICA DE BAÑO EN LUGO

O BNG INSISTIRÁ NA NECESIDADE DE CREAR UNHA ZONA PÚBLICA DE BAÑO EN LUGO

“A Confederación Hidrográfica, presidida por un representante do PP, parece que utiliza máis criterios de carácter político que de carácter técnico” dixo Paz Abraira 

Para o BNG está claro que o PSOE non acometeu todas as medidas precisas para dotar a Lugo desta infraestrutura 

Lugo, 27 de outubro 2014.  A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, levou hoxe á comisión de mediambiente unha batería de preguntas sobre a evolución das xestións do concello de Lugo para a construción dunha zona pública dIMG_0372 baño no río Miño. Abraira anunciou que “o BNG seguirá insistindo para que o concello de Lugo conte cunha zona pública de baño para o vindeiro verán”. Os nacionalistas reiteraron a necesidade de saber se o Goberno Municipal coñece as razóns que levaron a Deputación Provincial a non continuar cos trámites necesarios para dotar a Lugo dunha zona pública de baño no entorno da área recreativa dos Robles e por que aceptou o Goberno municipal a paralización de dito proceso sen demandar da Deputación a presentación do informe de impacto ambiental.

Para o BNG está claro que o PSOE non acometeu todas as medidas precisas para dotar a Lugo desta infraestrutura e “un ano máis os lucenses quedaron sen un lugar axeitado para disfrutar do seu río”. Abraira mantivo que “para o BNG a ubicación perfecta está situada no entorno da área recreativa dos Robles” e engadiu que “deben aproveitarse as instalación de Os Robles para as dotacións da zona pública de baño”. Abraira sinalou tamén que “chama a atención a actitude do PP en todo este asunto”

Abraira referiuse, no debate en comisión, á entrevista publicada por un xornal local na que o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) afirmaba que nin Deputación nin Concello de Lugo fixeron as xestións oportunas para dotar a Lugo dunha zona pública de baño no entorno da área recreativa da Deputación e dixo que “A Confederación Hidrográfica, presidida por un representante do PP, parece que utiliza máis criterios de carácter político que de carácter técnico á hora de impedir a ubicación dunha zona pública de baño pero dalle o visto bon, sen máis problemas, a instalación dunha estación de servizo a menos de 100 metros do río”.

O BNG INSISTIRÁ NA NECESIDADE DE CREAR UNHA ZONA PÚBLICA DE BAÑO EN LUGO