O BNG ESIXIU Á XUNTA UN COMPROMISO SERIO COA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE LUGO

O BNG ESIXIU Á XUNTA UN COMPROMISO SERIO COA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE LUGO

O deputado do BNG pola provincia de Lugo, Cosme Pombo, interpelou hoxe á Consellería sobre a pobre inversión prevista para o adecentamento da Estación de Buses de Lugo

 O uso do transporte público na área metropolitana incrementouse nun 88% e Lugo precisa dunha estación acorde co século XXI

 IMG_3029Lugo, 03 de xullo, 2014. O BNG esixiu hoxe á Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas un compromiso orzamentario serio coa estación de autobuses da capital provincial. A Consellería, logo das continuas demandas dos nacionalistas, licitou o pasado mes de xuño un proxecto, orzamentado en 48.788,26 €, que supón unha inversión ridícula dadas as necesidades desta infraestrutura, reclamando unha rehabilitación integral do edificio que poña estas instalacións á altura do século XXI.

Cosme Pombo lembrou que a sala de espera da planta superior segue pechada cuns taboleiros atados con aramios, mentres o interior conta con menos de 20 prazas nos bancos de agarda, a deficiente iluminación interior así como a renovación e galeguización das indicacións existentes. Por este motivo o nacionalista solicitou que “se abra e se acondicione a sala de estar inutilizada coas correspondentes obras de accesibilidade necesarias, se atalle o problema do frio en inverno cunhas vidreiras e portas illantes, que se amañe o pavimento da dársena e se modernicen e galeguice a deficiente sinalización”

O parlamentario nacionalista lembrou que a Xunta anunciou no 2013 un Plan Plan Renove das estacións de autobuses de Galiza cun investimento de 4,2 millóns de € no período 2013-2016, para a modernización das instalacións.

Cosme Pombo valorou como “inxustificable que a Xunta de Galiza marxine Lugo de xeito sistemático, cousa que o BNG e o pobo de Lugo non van permitir, como se veu recentemente na manifestación da dignidade que reclamaba os servizos prometidos para o HULA e o edificio da vella residencia”

Pombo dixo que “compre mellorar esta estación que dende hai moito tempo precisa unha reforma en profundidade”. O parlamentario do BNG sinalou que a estación de Lugo é a primeira imaxe da cidade para moitos visitantes e está situada ao pé da muralla e do que vai ser un centro cultural de referencia na cidade. Cosme Pombo afirmou que “é de xustiza que se fagan inversións neste edificio para que se equipare ás condicións da maioría das 43 estacións de autobuses que hai en Galiza”. Para o BNG a estación de Lugo non conta coas condicións de seguridade, confortabilidade e hixiene necesarias para unha insta

 A actual situación de crise económica fai que se incremente de xeito moi considerable o número de usuarios do transporte público. Esto xustifica, sen dúbida, a necesidade urxente de acometer obras de rehabilitación neste edificio da Xunta de Galiza.  Cosme Pombo fixo referencia ao aumento do 88 % do número de usuarios en Lugo e no seu entorno. “Os medios de comunicación, segundo datos da propia Xunta de Galiza, reflexaban que máis de 300 mil viaxeiros no 2013 utilizaron o sistema de transporte mentropolitano en Lugo”. lación este tipo.

O BNG ESIXIU Á XUNTA UN COMPROMISO SERIO COA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE LUGO