O BNG DE GUITIRIZ PRESENTA UNHA PROPOSTA DE CONSENSO PARA DESBLOQUEAR A “CASA DA BOTICA”

O BNG DE GUITIRIZ PRESENTA UNHA PROPOSTA DE CONSENSO PARA DESBLOQUEAR A “CASA DA BOTICA”

BoticaPara o BNG “é imprescindíbel que se abandonen posturas de enfrontamento partidario”

O BNG presentaralles esta iniciativa ás representantes da plataforma “Falemos Claro”

Guitiriz, a 19 de xuño de 2014. O BNG de Guitiriz ven de poñer enriba da mesa unha proposta de consenso dirixida aos grupos municipais de PSOE e PP no Concello Chairego para desbloquear a construción dunha residencia pública na “Casa da Botica”.

O voceiro do BNG, Xosé Lois González Souto (Pereira), explicou que “a nosa proposta está articulada en cinco puntos que esixirían deixar de lado as loitas partidarias e poñerse a traballar arreo, e de xeito conxunto, para evitar que se perda unha importante inversión e unha dotación moi necesaria para darlle a atención debida á envellecida poboación de noso Concello”

O voceiro nacionalista enumerou os diferentes puntos advertindo que “é imprescindíbel que se abandonen posturas de enfrontamento e se analicen dende a responsabilidade e a xenerosidade política”.

  1. Consenso en levar a cabo o proxecto segundo está redactado pola Deputación coma 1ªfase. Nesta 1ª fase habilitaríanse as zonas comúns (comedor, salas de xogos e actividades) coma centro de día de xeito temporal.
  2. Compromiso político das tres forzas para engadir unha 2ªfase/ampliación ó proxecto que inclúa o centro de día e ampliar as prazas de residencia. A partir da construción desta 2ªfase/ampliación a zona de residencia funcionaría ó 100% da súa capacidade.
  3. O Concello mercaría os terreos adxacentes ós que xá aporta coa “Casa da Botica” con cargo ó remanente de Tesourería que existe actualmente  (400.000€ dispoñíbeis a partires do ano 2016).
  4. Compromiso político das tres forzas para defender a 2ª fase/ampliación na Xunta e Deputación para a sinatura dun convenio colaborador que permita a súa execución.
  5. Compromiso político para demandar de Xunta de Galiza e Deputación a sinatura dun convenio de colaboración que permita sufragar o custo do centro de día actual mentres non se poña en funcionamento a 1ªfase.

Os nacionalistas remitirán esta proposta aos grupos políticos municipais de PP e PSOE. Segundo informou Xosé Lois González Souto (Pereira) “o BNG pedirá a celebración dun pleno extraordinario a principios de Xullo para analizar esta proposta e outras en caso de habelas”. Pereira engadiu “o BNG celebrará unha xuntanza para presentarlle esta iniciativa ás representantes da plataforma “Falemos Claro” que xa se reuniron cos mandatarios de Concello e  Deputación, para recadar as súas opinións e achegas”.

O BNG DE GUITIRIZ PRESENTA UNHA PROPOSTA DE CONSENSO PARA DESBLOQUEAR A “CASA DA BOTICA”