O BNG LAMENTA A ACTITUDE DO PP Á HORA DE ANUNCIAR A SÚA PROPOSTA DE PREGOEIRO PARA O SAN FROILÁN

O BNG LAMENTA A ACTITUDE DO PP Á HORA DE ANUNCIAR A SÚA PROPOSTA DE PREGOEIRO PARA O SAN FROILÁN

“Non é de recibo que o Sr. Castiñeiras desprece á comisión de festas e á corporación municipal para ter un minuto de gloria no seu blog” dixo Antón Bao

O pregoeiro do San Froilán é proposto por un grupo e debe contar co acordo da comisión de festas

Lugo, a 5 de setembro de 2013. O grupo municipal do BNG por Lugo lamentou a actitude do PP que “unha vez máis fai gala da súa prepotencia á hora de anunciar a proposta de pregoeiro para as festas do San Froilán”. Segundo explicou Antón Bao é tradicional que os grupos políticos fagan as súas propostas na propia comisión de festas para que sexa decisión de todos os grupos políticos, con representación na corporación, elexir ás persoas que van ter un papel relevante nas festas patronais da cidade.

O voceiro do PP no concello de Lugo anunciou esta mañá, a través dun vídeo-blog a súa proposta para participar como pregoeiro nas festas que recae na persoa do xornalista lucense Genaro Castro. A proposta do pregoeiro faise de xeito rotatorio por parte de todos os grupos políticos con representación na corporación municipal e é aprobada pola comisión de festas. Existe o acordo de que a proposta debe ser apoiada, polo menos, por dous dos tres grupos políticos para que a comisión de festas lle dea o visto bon.

Para Antón Bao o PP esta a incumprir coas reglas marcadas polos propios grupos á hora da elección das persoas que van ser pregoeiras ou oferentes no San Froilán e “sáltanse todas as normas de cortesía e os protocolos establecidos na propia comisión de festas”. Antón Bao dixo que “Non é de recibo que o Sr. Castiñeiras desprece á comisión de festas e á corporación municipal para ter un minuto de gloria no seu blog”.

O BNG LAMENTA A ACTITUDE DO PP Á HORA DE ANUNCIAR A SÚA PROPOSTA DE PREGOEIRO PARA O SAN FROILÁN