O BNG RECLAMA QUE SE REPOÑA A VARANDA DA PONTE DE PÍAS E QUE SE POÑA EN MARCHA O SANEAMENTO

O BNG RECLAMA QUE SE REPOÑA A VARANDA DA PONTE DE PÍAS E QUE SE POÑA EN MARCHA O SANEAMENTO

O sistema de saneamento está rematado dende fai máis de un ano e medio e aínda non se puxo en funcionamento

Veciños e veciñas de Pías demanda do concello da colocación de bancos e o arranxo da marquesiña  

Lugo, 4 de setembro de 2013. Veciños e veciñas de Pías acompañaron a concelleiros e ao responsábel local do BNG nunha visita a esta parroquia lucense. O BNG aproveitou a visita para reclamar que se repoña o tramo de varanda e o quitamedos da ponte sobre a autovía que fora arrincada, fai máis de 6 meses, nun accidente de tráfico. Segundo puideron comprobar os nacionalistas a carencia desta varanda supón un importante perigo xa que calquera persoa, animal ou obxecto pode caer directamente sobre a autovía pola falta de proteción.

Medio ano despois a única protección para vehiculos e viandantes que hai nese tramo da ponte son dúas cintas de plástico que foron colocadas por algunha persoa particular. Paza Abraira sinalou que “hai que ter en conta que estamos a falar dunha reparación que non supón unha cuantía económica elevada polo que non é comprensible que se manteña nesta situación”. Veciños e veciñas aproveitaron para demandar do BNG que lle esixa ao concello a colocación de novos bancos e o arranxo da marquesiña existente nas inmediacións da ponte que atravesa a autovía.

 

Ademais os nacionalistas lembraron que continua sen estar en funcionamento a rede de saneamento que foi instalada fai xa máis de un ano e medio. A obra foi financiada con máis de 570.000 € de fondos do plan E e non se puxo en servizo por que non se conectaron os equipos de bombeo á rede eléctrica. O proxecto para a instalación eléctrica necesaria para facer funcionar o sistema estaba previsto nuns 16.000 euros.

O BNG RECLAMA QUE SE REPOÑA A VARANDA DA PONTE DE PÍAS E QUE SE POÑA EN MARCHA O SANEAMENTO