O BNG LEMBRA QUE XA NO SEU MOMENTO ABANDONOU O GOBERNO MUNICIPAL E PEDIU A DIMISIÓN DE OROZCO

O BNG LEMBRA QUE XA NO SEU MOMENTO ABANDONOU O GOBERNO MUNICIPAL E PEDIU A DIMISIÓN DE OROZCO

Antón Bao pediu axilidade á xustiza e “que non se fagan condenas sen xuizo ás persoas”

LUGO, 15 de maio de 2013. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, saíu hoxe ao paso das últimas informacións xurdidas en referencia ás investigacións xudiciais relativas ao funcionamento das empresas que xestionan o servizo de grúa e do sistema ORA. Antón Bao pediu axilidade á xustiza e “que non se fagan condenas sen xuízo ás persoas” e lembrou que o BNG, xa no seu momento, abandonou o goberno municipal e pediu a dimisión do alcalde por estar imputado.

Antón Bao defendeu a presunción de inocencia pero apuntou a necesidade de que “se asuman responsabilidades políticas con todo o que está pasando”. Bao dixo, en referencia ás responsabilidades políticas, que “cada pao ten que aguantar da súa vela”. Bao lembrou que no momento da saída do BNG do goberno municipal falara de “sombras sobre o goberno municipal” e que neste momento “as sombras estanse a converter en lousas políticas”. Bao suxeriulle que “o PSOE ten que ir pensando o que vai facer de cara ao futuro” e apuntou que existe “certa tibieza nas manifestacións dos socialistas á hora de asumir o que está ocorrendo”.

O BNG LEMBRA QUE XA NO SEU MOMENTO ABANDONOU O GOBERNO MUNICIPAL E PEDIU A DIMISIÓN DE OROZCO