O BNG LEVA AO PARLAMENTO EUROPEO A CONSTRUCIÓN DA GASOLINEIRA DE CARREFOUR

O BNG LEVA AO PARLAMENTO EUROPEO A CONSTRUCIÓN DA GASOLINEIRA DE CARREFOUR

 

Ana MirandaAna Miranda pediu, ante a comisión europea, unha aclaración sobre a compatibilidade desta instalación coas proteccións ambientais desta zona do río Miño 

Para o BNG a comisión europea debe estar vixiante sobre a aplicación e os efectos das leis que promoven os gobernos dos estados como é o caso da Lei de Emprendemento do PP 

Lugo, 14 de xaneiro de 2015. O BNG presentou, no parlamento europeo, unha iniciativa sobre a instalación dunha gasolineira no centro comercial de As Saamasas en Lugo. A voceira do BNG en Europa, Ana Miranda explicou que “presentamos, ante a comisión europe

a, unha petición de aclaración sobre a compatibilidade desta instalación coas proteccións ambientais desta zona do río Miño”. Ana Miranda lembrou que este tramo do río Miño forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño ademais de estar integrado na Reserva, está incluida dentro da Rede Natura 2000, e considerada LIC (Lugar de Interés Comunitario).

Para a representante do BNG en Europa “chama a antención que haxa todos os impedimentos por parte das administracións para que se poida crear a zona pública de baño e se den todas as facilidades para a construción dunha gasolineira”. Ana Miranda sinalou que a comisión europea debe estar vixiante sobre a aplicación e os efectos das leis que promoven os gobernos dos estados “a Lei de Emprendemento aprobada polo PP no estado español é, en realidade, unha ferramenta para dar facilidades ás multinacionais para que continúen aumentando o seu negocio”. Dende o BNG lembraron que a formación nacionalista xa presentou diversas iniciativas no concello de Lugo, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados.

Para o BNG resulta sorprendente comprobar que a aprobación e aplicación da lexislación faise para defender os intereses do capital especulativo e en favor das grandes cadeas comerciais pasando por riba da protección ambiental e da preservación de espazos naturais tan importantes coma o río Miño e o seu entorno. Ana Miranda engadiu que “vemos unha vez máis como Galiza sufre a falta de protección ambiental por parte dos gobernos do estado español e da Xunta de Galiza que permiten o almacenamento, a menos de cen metros do río Miño, de máis de 120.000 litros de combustibles”.

O BNG LEVA AO PARLAMENTO EUROPEO A CONSTRUCIÓN DA GASOLINEIRA DE CARREFOUR