“É EVIDENTE QUE NON SE PODEN ABORDAR OS PROBLEMAS DO TRÁFICO SÓ CANDO HAI UNHA MORTE” DIXO ABRAIRA

“É EVIDENTE QUE NON SE PODEN ABORDAR OS PROBLEMAS DO TRÁFICO SÓ CANDO HAI UNHA MORTE” DIXO ABRAIRA

cochess

O BNG presentará unha iniciativa para que se faga unha análise detallada do sistema e dos lugares asignados para a carga e descarga nas zonas peonís dos casco histórico

Abraira lamentou que Orozco non  convidara aos grupos políticos da oposición á xuntanza que mantivo con representantes dos sectores económicos do casco histórico lucense

Lugo, 14 de xaneiro de 2015. O BNG lamentou que o goberno municipal socialista e o alcalde, Ló

pez Orozco, non  teñan convidado aos grupos políticos da oposición á xuntanza que mantiveron con representantes dos sectores económicos do casco histórico lucense para analizar a problematica da presenza continuada de vehículos nas zonas peonís do casco histórico. “Dende o BNG agardamos que se traslade a debida información sobre a xuntanza mantida hoxe” e engadiu que “o BNG vai trasladar este debate á comisión de alcaldía que é onde o alcalde debe dar información detallada sobre os acordos tomados e sobre as medidas que se van poñer en marcha sobre este asunto”.

Para o BNG non se trata dunha anécdota nin de “picaresca” toda a problemática derivada da presenza de vehículos “son os vehículos que día a día circulan polo casco histórico, sen control algún e cuns permisos que deberán ser revisados, os que ocasionan auténticos colapsos en zonas que son peonís e que deberían ser para o disfrute das persoas” afirmou Abraira. Para o BNG “é evidente que non se poden abordar os problemas do tráfico cando hai accidentes ou, como neste caso, cando se produce unha morte”.

Os problemas derivados da presenza de vehiculos de maneira indiscriminada nas zonas peonís do casco histórico son máis que evidentes para todos os lucenses. O BNG levará este tema á comisión de Alcaldía para que o goberno municipal comence a facer cumprir a normativa exitente. Paz Abraira anunciou, tamén, que o BNG presentará unha iniciativa para que se faga, en menos de tres meses, unha análise detallada do sistema e dos lugares asignados para a carga e descarga nas zonas peonís dos casco histórico. Ademais tamén se deberá estudar cal é o tipo de vehículos, horarios e tempos que se autorizan de xeito ordinario para estas tarefas de subministro.

O BNG leva moito tempo reclamando unha actuación decidida por parte do concello para mellorar o control do tráfico e da seguridade para os peóns no casco histórico e a voceira nacionalista lembrou que “o BNG tamén ten reclamado en numerosas ocasións que o goberno municipal poña a traballar á policía local asuma as competencias que lle son propias para tratar de evitar este tipo de sucesos”. Paz Abraira sinalou que “foi o BNG quen conseguiu, no seu momento, a peonalización da praza de Santa María e da Praza Maior e máis recentemente foi tamén o BNG quen deu solución efectiva para a eliminación da presenza masiva de vehículos no tramo peonil da ronda da muralla”.

 

“É EVIDENTE QUE NON SE PODEN ABORDAR OS PROBLEMAS DO TRÁFICO SÓ CANDO HAI UNHA MORTE” DIXO ABRAIRA