O BNG LEVARÁ AO PLENO DO CONCELLO UNHA MOCIÓN DE APOIO Á PLANTA DE ALIMENTOS LÁCTEOS

O BNG LEVARÁ AO PLENO DO CONCELLO UNHA MOCIÓN DE APOIO Á PLANTA DE ALIMENTOS LÁCTEOS

A Xunta debe dar solución a este problema antes do 28 de maio que é o día no que a empresa entra definitivamente en concurso de acredores

LUGO, 3 de maio de 2013. O BNG levará unha moción ao pleno do concello de Lugo para pedir que  Xunta de Galiza determine e garanta un plan de viabilidade para a firma Alimentos Lácteos. O concello instará á xunta a que se plantexe unha concreción económica e se evite o peche da factoría de Outeiro de Rei e o despedimento dos seus traballadores e traballadoras. Esta solución tería que darse antes do 28 de maio que é a data en que a empresa entraría definitivamente en concurso de acredores.

Neste intre os traballadores da factoría de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei atópanse inmersos nun ERE de suspensión temporal dende o 16 de marzo de 2013, ó obxecto de frear as perdas actuais da empresa e poder principiar un novo proxecto, viable e coas garantías suficientes para permitir o futuro da empresa, do proxecto de esencia de base cooperativa, grazas ó cal se poderían acometer parte das débedas contraídas ata o presente e conservar os postos de traballo.

Para o BNG ten que ser a Xunta de Galiza a que actúe para garantir a continuidade da actividade dado o papel tan relevante que tivo na aposta pola opción de Alimentos Lácteos no momento de definir o proxecto que se faría cargo da planta de Outeiro de Rei. Evidentemente o concello de Lugo sofriría os efectos desta situación ao verse afectado na posible desaparición dun proxecto produtivo que tamén ten implantación en Lugo, así como a correspondente desaparición de postos de traballo que implicarían a moitos veciños e veciñas deste concello.

O BNG LEVARÁ AO PLENO DO CONCELLO UNHA MOCIÓN DE APOIO Á PLANTA DE ALIMENTOS LÁCTEOS