A LOITA DE CLASES E A VIXENCIA DO 1º DE MAIO, CONCLUSIÓNS NA CHARLA ORGANIZADA POLO BNG

A LOITA DE CLASES E A VIXENCIA DO 1º DE MAIO, CONCLUSIÓNS NA CHARLA ORGANIZADA POLO BNG

Na charla interviron o historiador Uxío Breogán Dieguez, o consul de Cuba e o Secretario Comarcal da CIG en Lugo, Xosé Ferreiro

LUGO, 29 de abril de 2013. Celebrouse, organizada polo BNG, unha charla - coloquio que leva por título 1º de Maio, Historia e Presente. Este acto terá lugar, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Sindical de Lugo. Participaron o historiador Uxío Breogán Dieguez, o consul de Cuba e o Secretario Comarcal da CIG en Lugo, Xosé Ferreiro. A vixencia da loita de clase se a necesidade de celebración do 1º de maio como un día de loita polos dereitos dos traballadores quedaron patentes nas intervencións dos ponentes.

O historiador Uxío Breogán Dieguez centrou a súa intevención, fundamentalmente, nas orixes da celebración desta data e fixo un paralelismo comparativo daquela época, fai 130 anos, coa situación actual no referente á explotación dos traballadores e traballadoras. O Consul de Cuba explicou cal foi o proceso da celebración do 1º de maio na historia de Cuba e relatou como, dende o triunfo da revolución, é unha xornada referencial para a patria cubana. Xosé Ferreiro, secretario comarcal da CIG, centrou a súa intervención en resaltar a vixencia da loita de clases na situación actual e da voracidade do capitalismo imperante.

A LOITA DE CLASES E A VIXENCIA DO 1º DE MAIO, CONCLUSIÓNS NA CHARLA ORGANIZADA POLO BNG