O BNG DE LUGO RECLÁMALLE AO CONCELLO UNHA SOLUCIÓN AO EDIFICIO EN RUINAS DA RÚA CASTELAO
A concelleira Paz Abraira denunciou que o balado que protexía aos viandantes está destrozado desde hai mais de quince días
O medre indiscriminado de maleza nas rúas da cidade tamén foi obxecto de crítica da concelleira nacionalista
LUGO, 05 de xullo de 2013.
A concelleira do BNG no Concellode Lugo,PazAbraira, en rolda de prensa realizada na mesma Rúa Castelao, reclamou hoxe ao Concellode Lugo unhasolución urxente para o edificio declarado en ruína desta mesma rúa. No seu momento o Concello colocou un balado de madeira para garantir un espazo de protección para os usuarios da rúa, nembargantes a concelleira reclamou para esta e outras casas da cidade unha rápida solución, xa que non é de recibo que non se estean a dar pasos para solucionar definitivamente estas situacións, que supoñen un claro perigo para os usuarios, recalcou.
Na actualidade o estado que presenta esta céntrica rúa luguesa é lamentable dixoPaz Abraira, cunha grande acumulación de lixo e maleza. Así mesmo, o actual balado de protección leva máis de quince días destrozado o que incrementa o perigo para peóns e vehículos.
Maleza e herbas nas rúas da cidade
Paz Abrairautilizou esta mesma rúa como exemplo da deixadez do Concellode Lugo nomantemento e coidado das vías municipais, amosando como entre as casas e a beirarrúa e a mesma beirarrúa e a calzada medran indiscriminadamente herbas e maleza. Esto ocurre nunha centrica rúa da cidade, pero desde o BNG temos constatado que nos barrios a situación é moito peor. A edila reclamou ao Concello que se poña a traballar de inmediato, xa que ademais do efecto estético supón un incremento do deterioro dos espazos públicos cuxo conste de amaño é moito máis que o do propio mantemento.