O BNG NON APOIARÁ QUE UNHA RÚA DE LUGO LEVE O NOME DE MANUEL FRAGAR IRIBARNE

O BNG NON APOIARÁ QUE UNHA RÚA DE LUGO LEVE O NOME DE MANUEL FRAGAR IRIBARNE

fraga_franco_300

O alcalde López Orozco apoiou esta proposta do PP de asignarlle a unha rúa o nome de Manuel Fr

Para o BNG non é de recibo que se eliminen os nomes duns franquistas das rúas e se poñan os de outrosaga

 

Lugo, 27 de novembro de 2013. O BNG anunciou, ao remate da comisión do rueiro celebrada hoxe no concello de Lugo, que non apoiará que unha rúa de Lugo leve o nome de Manuel Fraga Iribarne. Antón Bao dixo que “esta foi unha labor que o BNG impulsou no seu momento e que ten que servir para eliminar das rúas de Lugo o nome de persoeiros do réxime franqusita e falanxista”. Tal e como foi aprobado no Pleno de concello a comisión do rueiro reuniuse hoxe para avanzar na substitución dos nomes das rúas que homenaxean a persoas incursas na Lei de memoría histórica. Ademais tamén se abordou a nomenclaturas dalgunhas rúas que neste momento carecen de nome.

Segundo explicou o voceiro do BNG no concello de Lugo “houbo consenso durante toda a comisión ata o momento en que unha proposta do PP, refrendada polo alcalde, rompeu este consenso”. Bao explicou que o BNG non está dacordo en recuperar o nome de Manuel Fraga cando se está nun proceso para retirar os nomes de persoas relacionadas con franquismo e engadiu que “Fraga foi membro da dictadura e tivo responsabilidades na toma de decisións que atentaron contra a vida de persoas e tamén está incurso na Lei de memoría histórica”.

Un total de 9 rúas de Lugo, que aínda manteñen nomes de persoas relacionadas co réxime do dictador Franco, son as que verán substituido o seu nome. Estas rúas son: Irmáns Pedrosa, Xeneral Tella, Ramón Montenegro, Cedrón del valle, Ruíz de Alda, Tenente Coronel Teijeiro, praza de Comandante Manso, av. de Carlos Azcárraga e av. de Ramón Ferreiro. Durante o desenvolvemento da comisión, e ata o momento no que se plantexou nomear a unha rúa co nome de Manuel Fraga Iribarne, chegarase ao acordo no resto dos casos. Así xa estaban consensuados os cambios de nome nas seguintes rúas: Xeneral Tella que pasaría a chamarse Avelino Pousa Antelo,  Cedrón del Valle que quedaría como Isaac Díaz Pardo, Ruíz de Alda substituiríase por Luis Cordeiro, a praza de Comandante Manso voltaría a chamarse Mártires de Carral, a glorieta dos Irmáns Pedrosa quedaría como Xaquín Lourenzo (Xocas), a av. de Carlos Azcárraga pasaría a ser av. de Adolfo Suárez e a av. de Ramón Ferreiro como Reimundo de Borgoña.

O BNG NON APOIARÁ QUE UNHA RÚA DE LUGO LEVE O NOME DE MANUEL FRAGAR IRIBARNE