COSME POMBO DIXO QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O 2014 SON PURA PROGANDA E AFOGAN A LUGO
O parlamentario do BNG explicou que a débeda da Xunta triplicouse dende a chegada do PP ao goberno galego
Os galegos gastaremos, no ano 2014, máis de 2.000 millóns de euros en pagar a débeda acumulada por Feijoo e o PP
Lugo, 28 de novembro de 2013. O parlame
ntario do BNG, Cosme Pombo, cualificou hoxe en Lugo aos orzamentos da Xunta para o 2014 como "pura propaganda". Pombo dixo que os orzamentos deseñados polo partido popular no goberno da Xunta afogan a Lugo. A responsábel comarcal do BNG en Lugo, Esther López, explicou que o orzamento da Xunta contempla máis de 2.000 millóns de euros para o pago da débeda. A débeda da Xunta, segundo explicou Pombo, triplicouse dende a chegada do PP ao goberno galego e sinalou que no propio documento dos orzamentos está previsto un incremento do paro ata o 21,7% a pesares de que Feijoo anunciara que el acabaría co paro en 45 días.
Ademais dos recortes en servizos sociais e sanidade Pombo criticou a falta de investimentos necesarios para Lugo como as unidades de hemodinámica, radioterapia e mediciña nuclear no HULA ou o arranxo do edificio do Cuartel de San Fernando. Pombo acusou aos representantes do PP de tratar de enganar aos lucenses con propaganda cando dende a Xunta falaban de que Lugo era a primeira en investimento con máis de 700 / persoa. Para o BNG non hai unha aposta por Lugo nestes orzamentos que segundo Cosme Pombo van afogar a esperanza de lugueses e luguesas.
Pombo puxo como exemplo da falta de partidas orzamentarias para Lugo lembrado que o único que o PP puido amosar como investimento rematado, nestes dous mandatos, foi o edificio de Garabalos que, lembrou, fora licitado e adxudicado hai 2 lexislaturas polo bipartito. O parlamentario nacionalista dixo tamén que Lugo somentes sufriu recortes de actuacións que xa estaban previstas dende a época do bipartito. Este é o caso do total abandono do casco histórico cun recorte del máis 2 millóns de euros na unidade de actuació
n número 8, co cal a rehabilitación do barrio da Tinería quedará totalmente paralizada.
Emendas presentadas polo BNG
O BNG presentou emendas aos orzamentos da Xunta e Cosme Pombo explicou as emendas realizadas sobre as partidas que afectan aos investimentos para Lugo. En materia de Vivenda e rehablitación o BNG solicitou que se implementaran un total de 17 millóns a través de 3 programas para rehabilitar e facilitarlles ás familias e persoas mozas o acceso a vivenda. Tamén solicitaron os nacionalistas un 1,5 millóns para comenzar coas obras do Museo da Romanización e 6,3 millóns para dotar dos servizos de hemodinámica, mediciña nuclear e radioterapia ao HULA. Outras dúas emendas foron presentadas para a construción dun novo centro de saúde no Sagrado Corazón, con 1 millón de euros, e para habilitar un centro de saúde e un PAC no edificio da antiga residencia sanitaria de Lugo. O BNG tamén emendou os orzamentos en materia de educación solicitando partidas económicas para determinadas obras en centros escolares e para manter a gratuidade dos libros e dos comedores.