O BNG NON SE SENTARÁ A NEGOCIAR CO PSOE NIN CO PP
Ademais de manter a súa posición sobre as imputacións do alcalde súmase, ás razóns do BNG, o que está sucendendo a respecto da folga dos traballadores de Urbaser
Lavado de cara por un lado e polo outro así definiu Paz Abraira a postura de PP e PSOE neste momento a respecto do amaño para os remanentes
Paz Abraira criticou a quenes califican de privilexiados a estes traballadores que recollen a nosa merda
Lugo, 11 de xuño 2014. O Bloque Nacionalista Galego non se sentará a negociar co PP e co PSOE este venres. Tras recibir unha convocatoria de xuntanza para tratar o destino dos remanentes dos orzamentos para este venres A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou que o BNG non se sentará a negociar con PP e PSOE. Abraira dixo que "tanto Orozco como Jaime Castiñeiras están a facer un lavado de cara anunciando investimentos irrisorios en servizos sociais". Paz Abraira lembrou que o BNG foi a única forza que fixo unha proposta para investir os remanentes fai máis de dous meses e pediu, reiteradamente, transparencia dos acordos entre PP e PSOE. Paz Abraira cargou contra López Orozco tras o despido dos traballadores de Urbaser. Uns despidos que foron motivados polo decreto, por parte do alcalde, duns servizos mínimos do 100 % e polas reformas laborais acometidas polo PSOE e polo PP.
Abraira explicou as razóns que levaron ao goberno municipal a convocar ao BNG para participar nunha xuntanza este venres para tratar o destino dos remanentes. Segundo Abraira na última comisión de contas o BNG presenotou de novo a súa proposta para aplicar os remanentes. Nesa comisión o representante do PP dixo que o BNG fora convocado, mais non era certo. A concelleira de economía comprometeuse, nesa xuntanza, a convocar ao BNG para a próxima. Esa é razón para o que BNG esté convocado explicou Paz Abraira.
A día de hoxe a única forza política que presentou, xa fai máis de dous meses, a súa proposta para os remanentes é o BNG. Nin os cidadáns, nin o BNG coñecemos cal é o acordo que están negociando PP e PSOE dixo a voceira nacionalista para quen o PP e o PSOE son dúas forzas porlíticas xemelgas. Abraira aclarou que o BNG xa dixo no seu momento que non se ía sentar a negociar co PSOE mentres López Orozco siga sendo alcalde pola súa implicación na trama Pokemon. A do BNG é a única proposta feita pública dende o 23 de abril de 2014. Paz Abraira lembrou que houbo demandas insistentes do BNG por coñecer as propostas do PP e PSOE que se negaron a facer pública en ningún momento.
O lavado de cara co incremento nas partidas sociais
Onte, sorpredentemente, xunto a convocatoria que nos remite a concelleira de economía tamén remite información sobre un decreto no que se fan pequenas modificacións para incrementar partidas de caracter social sinalou Paz Abraira. A realidade é que os remanentes se van destinar a obras afirmou Abrira. A nacionalista engadiu que non van silenciar ao BNG destinando 100 mil euros a emerxencia social e 60 mil ao programa de alugueiro. Para o BNG non son esas as partidas que necesita Lugo, non son suficientes as cantidades nin as que necesitan as persoas que están a sufrir os efectos desta crise. O BNG propuxo un investimento en acción social de 600 mil euros. Algo que ningunha forza política está poñendo hoxe enriba da mesa. Lavado de cara por un lado e polo outro así definiu Paz Abraira a postura de PP e PSOE neste momento a respecto do amaño para os remanentes
PP e PSOE partidos xemelgos
Durante a campaña ás eleccións europeas PP e PSOE calaron sobre o seu amaño cos remanentes por que non lles interesaba aparecer collidos da man. O mesmo sucede agora por que a respecto da monarquía teñen exactamente a mesma postura dixo Paz Abraira que tamán se referiu ao voceiro do PP Jaime Castiñeira hoxe fai o paripé de decir que non lle parece axeitado facer por decreto a modificación de partidas para servizos sociais.
URBASER
Ao BNG xúrdelle outra razón máis para non sentarse a negociar absolutamente nada co PSOE. O partido socialista, que se chama obreiro, decreta uns servizos mínimos para a zona onde se celebra a súa festa estrela do 100% con este decreto, dixo Paz Abraira, o PSOE négalles aos traballadores de Urbaser o seu dereito á folga. A empresa respondeu co despidemento de traballadores e traballadoras. Despidos que parece que a Orozco non lle preocupa e o único que lle preocupa é facer a súa actuación grandilocuente afirmou a voceira do BNG que engadiu que o BNG non se vai sentar con dúas forzas políticas que coas súas reformas, primeiro uns e despois outros, levaron aos traballadores á situación na que se atopan.
Críticas aos traballadores en folga
Paz Abraira criticou a quenes califican de privilexiados a estes traballadores que recollen a nosa merda. Ningún traballadora nin traballadora fai folga por que si xa que, explicou Paz Abraira, se están en folga non cobran o seu salario e ten un efecto real sobre as súas vidas. Estas persoas dedícanse a retirar o lixo que todos producimos traballando para unha empresa á que o concello lle págalle puntualmente incluso o incremento do IPC. Abraira defendeu os dereitos laborais dos traballadores e dixo que non temos que aceptar por decreto a precariedade laboral á que nos están somentendo. Podemos reclamar os incrementos que nos correspondan para poder afrontar as subidas de prezo para vivir dignamente.