O BNG RESPONSABILIZA A OROZCO DO DESPIDO DOS TRABALLADORES DE URBASER

O BNG RESPONSABILIZA A OROZCO DO DESPIDO DOS TRABALLADORES DE URBASER

“As reformas laborais aprobadas polo PP e o PSOE permiten este abuso sobre os dereitos dos traballadores" dixo Paz Abraira

Para o BNG Orozco “pasa de ser o gran colocador a ser o gran despedidor”

Lugo, 10 de xuño 2014. O Bloque Nacionalista Galego tras o coñecemento do despido de preto dunha ducia de traballadores da concesionaria do Concello Urbaser responsabilizou a López Orozco de este abuso contra os dereitos dos traballadores. Segundo a voceira Paz Abraira “o alcalde so pretende facerse un lavado de cara para salvar a festa do Imperio Orozco”. O alcalde é directamente responsable desta abuso ao impor, lembrou Paz Abraira, uns servizos mínimos do 100 %, poñendo contra as cordas o dereito fundamental dos traballadores á folga, proclamada nesa Constitución tan defendida noutros aspectos polo PSOE.IMG_3857

A empresa Urbaser continua percibindo do Concello de Lugo unha elevada cantidade de cartos e aproveita as reformas laborais para  incrementar os seus beneficios a costa dos salarios dos traballadores e traballadoras. Para o BNG non é normal que o responsable máximo destes despedimentos se sigua apelidando socialista e obreiro. Para o BNG Orozco “pasa de ser o gran colocador a ser o gran despedidor”

O BNG RESPONSABILIZA A OROZCO DO DESPIDO DOS TRABALLADORES DE URBASER