O BNG DEMANDARÁ QUE SE MANTEÑA ALGÚN COMEDOR ESCOLAR ABERTO DURANTE O VERÁN

O BNG DEMANDARÁ QUE SE MANTEÑA ALGÚN COMEDOR ESCOLAR ABERTO DURANTE O VERÁN

IMG_4700 “O obxectivo é asegurar que menores, de familias con dificultades económicas, non carezan dunha alimentación axeitada cando remate o curso escolar" dixo Cristina Ferreiro

O BNG presentará, tamén, un rogo para que se amañe o acceso da Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz

Lugo, 6 de xuño 2014. O Bloque Nacionalista Galego presentará unha iniciativa no concello de Lugo para que o Goberno municipal demande da Xunta de Galiza os medios necesarios para que se manteña aberto algún dos comedores escolares durante todo o verán. Esta petición xurde tras o anuncio do ministerio de de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade de asignar un total de 17 millóns de euros entre as comunidades autónomas para proxectos destinados a paliar a pobreza infantil. Financiaranse, tal e como reclamou recentemente a defensora do pobo, a apertura de comedores escolares durante o verán.

O anuncio, feito por Cristina Ferreiro, produciuse durante unha visita da concelleira do BNG ás inmediacións da Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz. Cristina Ferreiro dixo que “o obxectivo é asegurar que menores, de familias con dificultades económicas, non carezan dunha alimentación axeitada cando remate o curso escolar". Durante a visita a edil nacionalista tamén demandou o arranxo do acceso a esta escola infantil municipal que non se atopa nas condicións idóneas para unha instalación deste tipo, á que acuden nenos e nenas de moi curta idade.

IMG_4694Para materializar a apertura dalgún comedor no concello de Lugo habería diferentes posibilidades, segundo explicou Cristina Ferreiro, ou ben se podería abrir un comedor dos que son xestionados directamente pola consellería de educación, ou ben a Xunta podería dotar de fondos ao concello de Lugo para que se manteña aberto algún dos comedores, que nos centros públicos, xestiona o concello.

No concello de Lugo son catro os centros que contan con servizo de comedor xestionado pola propia Xunta de Galiza: o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, o colexio Virxe da Soidade (Gándaras), o colexio da Ponte e o colexio de Casas. No resto de colexios públicos do concello de Lugo o servizo de comedor é prestado polo propio concello agás nos colexios do Sagrado Corazón, Quiroga Ballesteros e Paradai que carecen de comedor.

O BNG DEMANDARÁ QUE SE MANTEÑA ALGÚN COMEDOR ESCOLAR ABERTO DURANTE O VERÁN