O BNG PECHOU A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL SANITARIO PARA PALESTINA NA CAMPAÑA -GALIZA CON GAZA

O BNG PECHOU A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL SANITARIO PARA PALESTINA NA CAMPAÑA -GALIZA CON GAZA

IMG_5648Organizada xunto coa Asociación galaico-árabe Yenin-comunidade palestina e a Fundación Araguaney esta campaña levará medicinas e material aos territorios palestinos atacados por Israel

O BNG en Lugo contou coa colaboaración de un importante número de farmacias

Lugo, a 9 de setembro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego pechou hoxe en Lugo a súa campaña “Galiza con Gaza, mobilízate pola reconstrución e contra a agresión ao pobo palestino”. Realizouse unha importante recollida de medicamentos e material sanitario como vendas, gasas, elementos para sutura e curas, material protésico, antibióticos, analxésicos, betadine, esparadrapo, luvas estériles, cueiros e leite en po, entre outras necesidades que trasladou a comunidade palestina. Esta campaña, que leva operativa todo o verán en colaboración coa Asociación galaico-árabe Yenin-comunidade palestina e a Fundación Araguaney, conclúe o 10 de setembro.

O BNG insta ademais ao boicot aos produtos israelís, a través do rexeitamento daqueles que teñan etiquetas que indiquen esta procedencia, como todas as que comezan cos números 729 no seu código de barras. Estas accións, xunto coa edición e distribución de material divulgativo, compleméntase coa mobilización social e cidadá nas rúas, nas redes sociais e en charlas para expresar a solidariedade co pobo palestino e denunciar o masacre que, de maneira reiterada, está a causar o Estado de Israel.

Esta última ofensiva tivo como resultado máis de 2.000 persoas asasinadas, máis de 10.000 feridas e a destrución de casas, escolas, edificios e infraestruturas. Este masacre continúa o proxecto de xenocidio do pobo palestino imposto polo Estado de Israel para afogar as súas lexítimas reivindicacións, nun contexto en que os gobernos occidentais miran para outro lado, cando non alimentan directamente un estado que incumpre reiteradamente a lexislación internacional.

“Palestina só precisa que se cumpra o seu dereito á autodeterminación e ao retorno despois da ocupación ilegal de territorios gañados, unha e outra vez, nunha prolongada guerra de agresión”, recolle o material divulgativo do BNG. “Con todo, o pobo palestino resiste e é moi importante que continúen o compromiso e a denuncia internacionais, ao tempo que precisa toda a nosa axuda para reconstruír as consecuencias da barbarie”, indícase na publicación editada ao abeiro da campaña “Galiza con Gaza”.

O BNG PECHOU A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL SANITARIO PARA PALESTINA NA CAMPAÑA -GALIZA CON GAZA