O BNG PEDIU O ACONDICIONAMENTO DA PISTA QUE UNE ORBAZAI COA LOUZANETA

O BNG PEDIU O ACONDICIONAMENTO DA PISTA QUE UNE ORBAZAI COA LOUZANETA

IMG_5643Esta vía de comunicación será fundamental para as persoas que viven en Orbazai mentres duren as obras da ponte sobre o río Mera

O BNG presentou un rogo para que se acondicione este camiño e se poida circular por el coas mínimas garantía esixidas

Lugo, a 6 de setembro de 2014. O BNG presentou un rogo no concello de Lugo para que se proceda ao acondicionamento da pista que une a parroquia e Orbazai coa zona da Louzaneta. Paz Abraira dixo que “o acondicionamento é necesario xa que é unha vía de comunicación fundamental para as persoas que viven en Orbazai mentres duren as obras da ponte sobre o río Mera”.

Neste momento o camiño atópase nun estado que non garante minimamente as condicións de seguridade para o tránsito de vehículos. Foron veciñas e veciños da zona de Orbazai os que demandaron, xunto co BNG, o intervención nesta pista ao igual que no seu momento fora unha demanda veciñal e do BNG o arranxo da ponte sobe o río Mera.

Paz Abraira salientou que “neste momento é o principal acceso dos veciños e veciñas de Orbazai cara Lugo e cara a estrada de Santiago” e dixo que “non consiste en facer unha grande obra pero si en garantizar que se pode circular por esta pista mentres este pechado paso pola  ponte sobre o río Mera”.

O BNG solicita a actuación sobre o firme destas pista, sobre todo nos tramos con máis pendente, para evitar posibles accidentes pola falta de adherencia dos vehículos que por ela circulan. Ademais, dixo a edil nacionalista, “compre facer un desbroce das beiras do camiño e unha limpeza das cunetas para o momento no que comecen as chúvias”.

O BNG PEDIU O ACONDICIONAMENTO DA PISTA QUE UNE ORBAZAI COA LOUZANETA