O BNG PRESENTARÁ PROPOSTAS PARA REDUCIR AS CARGAS FISCAIS ÁS RENTAS MÁIS BAIXAS NO CONCELLO DE LUGO
A voceira do BNG dixo que imos centrar as nosas propostas en aquelas taxas que cobra directamente o concello e que pode actuar directamente sobre elas
Para o BNG os que máis teñen deben cubrir o que non poden pagar os outros cidadáns e esa é unha política impositiva xusta, democrática e social que é a que reclama a xente
Lugo, a 5 de setembro de 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo anunciou a presentación de propostas que o BNG lle trasladará ao goberno municipal de cara á elaboración os orzamentos municipais para o 2015 no relativo á fixación de taxas e ordenanzas fiscais municipais. Queremos adiantarnos facendo a proposta que defenderá o BNG dixo Paz Abraira e anunciou que a vindeira semana presentaremos a proposta do BNG para que o goberno non poida alegar que non lle da tempo a estudar as propostas xa que tradicionalmente as taxas municipais debátense no pleno do mes outubro. O BNG manterá unha liña continuista coas propostas feitas para os remanentes do 2013 e coas propostas feitas para as taxas municipais do ano 2014.
Os que máis teñen deben cubrir o que non poden pagar os outros cidadáns por que esa é unha política impositiva xusta, democrática e social que é a que defende o BNG e reclaman os cidadáns afirmou Paz Abraira. Que dixo que o BNG defenderá outra política impositiva no concello de Lugo por que non se pode tratar por igual a quen ten un piso, nas torres do Seminario ou nun edificio novo do centro de Lugo, que a quen vive no barrio Feixoo nunha vivenda cunhas nefastas condicións de habitabilidade e non deben pagar impostos por igual. Abraira engadiu que o PSOE dirá que non se pode cambiar ningunha taxa nin bonificar nada e o PP pretenderá que se bonifique aos que máis teñen.
O BNG tamén lle demandará ao goberno municipal que se simplifiquen os trámites para as persoas que necesitan bonificacións e exencións. Paz Abraira lembrou que neste momento so se bonifica e se fan exencións ás familias numerosas e ás persoas perceptoras de RISGA, o cal é necesario pero non suficiente xa que, engadiu Abraira son moitas familias sen ningún tipo de ingresos e tamén sabemos dos retrasos, recoñecidos polo propio PP, da Xunta de Galiza en conceder as axudas da RISGA. Ademais son moitas as dificultades que teñen moitas familias para acceder a axudas das administracións para facer frente ao seu día a día.
Propostas do BNG para os remanentes do ano 2013
A edil nacionalista lembrou cales foran as propostas do BNG para os remanentes do 2014. Un total de 600 mil euros para acción social e 500 mil euros para acción económica. Abraira afirmou que nin PP nin PSOE quixeron aprobar a pesar de que aprobaron 5 millóns de euros para facer obras e para deixar ao concello de Lugo sen outro tipo de investimentos como pode ser o Museo da Romanización. Ademais non se aprobou nin unha soa partida para a atención da emerxencia social ou a eliminación da probeza enerxética que xa é unha realidade en todos os concellos por que o pago das facturas eléctricas é unha das cuestións máis gravosas para as familias dixo Paz Abraira. Tampouco se atendeu debidamente o programa de alugueiro municipal, un programa de axuda á vivenda hipotecada, un programa de erradicación da pobreza extrema e os programas de mellora bolsas de estudio e de pago de comedores.
En canto á promoción económica o BNG propoñía a creación de axudas ao mantemento de autónomos e pequenas empresas, axudas á creación de pequenas empresas e un programa de rehabilitación de edificios fora do casco histórico.
Axudas de alugueiro municipal
A voceira do BNG fixo unha chamada de atención co que está a suceder coas axudas de alugueiro municipal. Estas axudas son xestionadas de a empresa municipal EVISLUSA. Paz Abraira cualificou de mentira o feito de que o goberno municipal advertira que a existencia dun orzamento prorrogado no 2014 retrasa a convocatoria das axudas e que a súa adxudicación non será posible ata o mes de decembro. Esto é unha mentira por que se nos retrotraemos ao ano 2013, no que o goberno municipal contaba cun orzamento aprobado en tempo e forma, as axudas dese ano foron adxudicadas en decembro de 2013 e non foron cobradas polos solicitantes ata 2014 afirmou Paz Abraira. Abraira engadiu que se en todo o ano 2014 as persoas que solicitaron axudas para o alugueiro non vai poder cobralas terá que recurrir a emerxencia social e esto colapsará os servizos sociais municipais un ano máis.
Propostas para o 2015
O BNG vai facer a súa proposta ao comenzo do período de debate de ordenanza e taxas públicas por que entendemos que é o momento fundamental para comenzar a elaborar os orzamentos do ano 2015, xa que é o momento no que se definen os ingresos que vai ter o concello de Lugo. Paz Abraira anunciou que imos centrar as nosas propostas en aquelas taxas que cobra directamente o concello e que pode actuar directamente sobre elas.
Segundo Paz Abraira o goberno do PSOE non pode seguir alegando que a burocracia impide actuar neste senso. O PSOE ten que romper con esa burocrácia e axudar ás persoas que o necesitan. Para o BNG, no concello de Lugo, débese actuar sobra a carga impositiva na fiscalidade que aplica directamente o concello de Lugo. Abraira avanzou que abrirase o eterno debate sobre se conxelamos ou non as taxas. O BNG está dacordo en que se aplicque a subida do IPC aos impostos e taxas municipais. Quen pode pagar impostos debe pagar impostos, por que o pago dos impostos axudan a garantir os serizos públicos que presta o concello afirmou a edil do BNG. Abraira desglosou deste xeito as propostas do BNG:
Auga, lixo e saneamento; a este respecto Paz Abraira dixo que non pode ser que os únicos que poidan acceder a bonificación ou exención sexan as familias numerosas e ás persoas perceptoras de RISGA. O concello ten que atender á realidade social e hai moitas familias que xa non perciben ningún tipo de ingreso e estas persoas teñen que recurrir todos os meses a emerxencia social para afrontar o pago dun subministro básico como é o da auga potable. Por eso BNG pedirá que se establecer distintos tipos de bonificacións e exencións para atender esta casuística.
IBI; podemos ou non podemos grabar a vivenda baleira e a multipropiedade? preguntouse Paz Abraira que sinalou que o BNG entende que si por que hai concellos que xa o están a facer. Para o BNG debe primarse a vivenda habitual, e deben ser bonificadas para aquelas persoas que menos recursos teñen. Os nacionalistas pedirán que se incrementen as taxas sobre a multipropiedade e a vivenda baleira.
Imposto de circulación; o que non se pode é facer dixo Abraira é o que propoñía o PP que é beneficiar aos propietarios dos coches de maior cilindrada. Haberá que axudarlles a aqueles que non poden acceder a vehículos novos.
Cursos e actividades; En referencia a este tipo de taxas municipais a voceira do BNG dixo que non é lóxico nin razonable que os bonos sexan iguais para todos independentemente das rendas de cada un.