O BNG RECLAMA “UN SERVIZO PÚBLICO DE TRANSPORTE ACAIDO ÁS NECESIDADES DOS LUCENSES

O BNG RECLAMA “UN SERVIZO PÚBLICO DE TRANSPORTE ACAIDO ÁS NECESIDADES DOS LUCENSES

06A mesa de contratación para a adxudicación do servizo público de transporte no concello de lugo quedou suspendida á espera de novos informes técnicos municipais

“É prioriotario resolver o problema de transporte para o HULA e barrios coma o da Ponte” sinalou Paz Abraira

Lugo, a 10 de setembro de 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo reclamou hoxe “un servizo público de transporte acaido ás necesidades dos lucenses”. Para o BNG o fundamental é dotar aos barrios e aquelas zonas que reciben máis afluencia de persoas dun servizo de transporte eficaz. “Unha vez rematado o proceso de adxudicación os nacionalistas vixiaremos que as propostas da nova empresa adxudicataria se correspondan coas necesidades reais da cidade” dixo Paz Abraira.

A edil nacionalista sinalou que “é importante centrarse no barrio da Ponte para que o novo sistema de transporte lles permita, aos veciños e veciñas, vir á cidade en boas condicións e pouco tempo”. Ademais Abraira sinalou que se debe mellorar os servizo de buses que van ao HULA xa que ata alí desprazanse, diariamente miles de persoas.

Abraira informou, tras a suspensión da mesa de contratación, que “son necesarios novos informes técnicos para aclarar certas cuestións do prego de condicións que impediron seguir adiante co procedemento de adxudicación”. Para adxudicación presentaronse tres empresas pero, polos motivos que explicou Paz Abraira, non se puideron coñecer as ofertas economicas no día de hoxe.

O BNG RECLAMA “UN SERVIZO PÚBLICO DE TRANSPORTE ACAIDO ÁS NECESIDADES DOS LUCENSES