O BNG PIDE A A PROTECIÓN DO CRUCEIRO DE VILAMOURE AFECTADO POLAS OBRAS DA AUTOVÍA
Non podemos permitir que estas obras arrasen outro elemento catalogado do noso patrimonio como ocurriu cos restos de Coeses dixo Cristina Ferreiro
O BNG solicitará que se acondicione o entorno deste cruceiro situado na parroquia de Saa e que se proceda a súa restauración
Lugo, a 11 de setembro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego denunciou a agresión sufrida polo cruceiro de Vilamoure de Abaixo, na parroquia de Saa, polas obras da autovía Lugo Santiago. A edil nacionalista, Cristina Ferreiro, advertiu que se trata dun elemento catalogado como BIC e que conta cun entorno de protección que foi ignorado á hora de acometer as obras da autovía. Os nacionalistas solicitarán que se acondicione o entorno do cruceiro para dotalo dunha maior protección e que se acometa a súa restauración. Membros da asociación de veciños de Saa tamén manifestaron a súa preocupación polo estado do cruceiro e acompañaron á edil nacionalista na súa visita a Vilamoure.
Estamos a tempo de evitar que as obras desta autovía se leven por diante outro elemento singular do noso patrimonio e hai unha boa oportunidade para contribuír á súa conservación e posta en valor dixo Cristina Ferreiro. Ferreiro lembrou o acontecido cos achádegos arqueolóxicos que apareceron nestas mesmas obras na parroquia de Coses e dixo que non podemos permitir que estas obras arrasen outro elemento catalogado do noso patrimonio como ocurriu cos restos de Coeses. A cruz deste cruceiro foi mutilada, aínda que algunha das súas pezas permanecen caidas na base do propio cruceiro.
O Cruceiro de Vilamoure de Abaixo (parroquia de Saa) aparece catalogado como BIC e conta cun entorno de proteción definido no PXOM do concello de Lugo. Segundo a descrición feita no momento da súa catalogación está formado por unha base de catro peldaños, ten fuste octogonal sen ornamentación e un capitel moldurado. A cruz é de sección circular con un cristo na parte frontal e unha dolorosa na parte posterior.
O BNG presentará un rogo para que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para protexer debidamente este elemento patrimonial. Ademais os nacionalistas solicitarán e que se acometa a súa restauración. Na ficha de catalogación de este BIC contémplanse como obras permitidas a consolidación, a conservación e a restauración. No propio documento de catalagoción di textualmente que se permiten as obras destinadas á consolidación dos elementos constructivos do cruceiro, aconsellándose a reposición dos elementos característicos da tipoloxía orixinal que se perderan, deteriorase ou alterasen.