O BNG PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE NON SE ELMINE O ENSINO DA ESO E BAC NO IES AS MERCEDES
Cosme Pombo acusou ao goberno do PP de desintegrar un centro que é referente no estado en canto á calidade das ensinanzas e proxectos de investigació
Algo grave está pasando cando toda a equipa directiva e todas as xefaturas de departamento dimiten, e a consellería nin está nin se lle espera sinalou Cosme Pombo
LUGO, 22 de marzo de 2013. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, e o responsable local do BNG, Alexandre Penas, visitaron o IES As Mercedes para coñecer de primeira a man a problemática que provocou a dimisión de todo o equipo directivo do centro. Pombo trasladoulles aos membros da comunidade educativa e da ANPA a mensaxe da apoio da formación nacionalista e anunciou que o BNG levará ao parlamento galego iniciativas para "tentar paralizar o desmantelamento dun centro que é referente a nivel estatal no seu funcionamento e xa é un modelo de integración". Alexandre Penas anunciou, tamén, que o BNG levará iniciativas a todas as institucións nas que ten representación.
Para o BNG non cabe dúbida de que este é un exemplo máis das políticas privatizadoras do partido popular. A implantación dun centro integrado leva consigo unha clara privatización encuberta explicou Pombo en primeiro lugar: parte do alumnado que queda forá do centro buscará praza en centros privados ou concertados xa que os públicos están saturados e lonxe e engadiu nos centros integrados está previsto que a formación, en gran parte, sexa impartida por persoal de empresas externas e queda aberta a porta a poder cobrar por ela ao alumnado.
Dende o BNG acusaron ao goberno do partido popular de desintegrar un centro que é referente no estado en canto á calidade das ensinanzas e proxectos de investigación e lembrou as numerosas ocasións nas que a propia consellería de educación, e o actual conselleiro, loubaron o funcionamento deste centro educativo. Segundo Pombo non é de recibo que un centro que recibiu numerosos premios a nivel estatal polos seus proxectos de investigación e que ten demostrada a súa eficiencia económica e educativa sexa desmantelado deste xeito.
Cosme Pombo destacou tamén o traballo de integración que o IES As Mercedes ben realizando con persoas que precisan de atención educativa especial e que neste momento están plenamente integrados na comunidade educativa. No relativo a cuestións de finanzamento este é un centro, segundo explicou Pombo, que no pasado curso obtivo recursos externos que cubriron practicamente o a metade do orzamento do centro. Para o BNG semella unha burla que o conselleiro veña a fotografiarse cada catro días e despois trate de eliminar un centro que funciona de xeito exemplar.
Silencio, improvisación e incertidume co futuro do alumnado.
A, recen dimitida, equipa directiva do centro e representantes da ANPA trasladáronlle ao parlamentario do BNG que a interlocución coa xefatura territorial da consellería é practicamente imposible e que se están enterando dos plans da consellería a través da prensa. Para o BNG non é normal que un cambio deste tipo se comunique no medio do curso e sen ter feito un estudo das posibles solucións que se lles darán ao alumnado e profesarado que se verán desplazados para o curso vindeiro. Para os representantes do BNG unha das cousas máis graves é a improvisación, falta de coordinación e secretismo co que se está actuando dende a consellería á hora da toma de decisións.