O BNG PREGUNTOULLE AO GOBERNO DE RAJOY POR QUE A IGREXA NON PAGA IBI POLO APARCADOIRO DO SEMINARIO

O BNG PREGUNTOULLE AO GOBERNO DE RAJOY POR QUE A IGREXA NON PAGA IBI POLO APARCADOIRO DO SEMINARIO

A igrexa católica e cristiana acóllese a unha lei de mecenazgo para evitar pagarlle ao concello de Lugo o IBI polo negocio de aparcadoiro

Recentemente unha sentencia, dictada polo contencioso, deulle a razón ao concello de Allariz para efectuar o cobro do IBI á diocese de Ourense

LUGO, 23 de marzo de 2013. A deputada do BNG no congreso dos deputados, Rosana Pérez, trasladoulle ao goberno do partido popular en Madrid varias preguntas en relación ás cuestións legais que lle permiten á igrexa católico-cristiana evitar o pago de impostos polos bens inmobles que posúen. Para o BNG resulta especialmente sangrante o caso do negocio de aparcadoiro que a igrexa está a explotar na cidade de Lugo e que non está a tributar igual que o fan o resto de empresas implantadas no concello.

Para o BNG resulta especialmente grave que a igrexa se ampare na lei de mecenazgo para evitar o pagamento de impostos polos negocios empresariais que posue e que están en competencia directa con outras iniciativas empresariais que teñen a obriga de tributar. No caso do aparcadoiro do seminario de Lugo a igrexa católica e cristiana acóllese a esta lei de mecenazgo para evitar pagarlle ao concello de Lugo o IBI polo negocio de aparcadoiro. No caso do resto dos inmobles é un acordo establecido entre o estado español e o estado vaticano, no ano 1979, o que exime de pagamento aos edificios adicados ao culto, residencia do clero, semanrios, etc...

O BNG preguntoulle ao goberno do partido popular en Madrid se ten previsto correxir estas cuestións na  xa anunciada revsión da lei de mecenazgo. As deputadas do BNG no congreso tamén platenxaron a cuestión sobre as intencións do goberno de cara a pedir a revisión dos acordos entre o estado español e o estado vaticano que eximen a esta entidade relixioso do pagamento de impostos. O pleno do concello de Lugo aprobou unha iniciativa do BNG, no pasado mes de maio, na que se instaba ao  goberno do Estado a revisar e modificar os acordos internacionais asinados coa Santa Sé para adecuarse ao carácter aconfesional do Estado español, e que supoñan a supresión dos privilexios dos que goza a Igrexa Católica e nomeadamente permita a suxeición ao IBI do seu patrimonio.

Unha sentencia en Allariz

Recentemente o Xulgado do Contencioso administrativo nº2 de Ourense fallaba a favor do Concello de Allariz a respecto do pagamento do IBI por parte da igrexa católica-crisitiana. Deste xeito o concello alaricano poderá cobrar o correspondente imposto a aqueles bens propiedade da igrexa que fican fóra dos supostos recollidos polo concordato. Para o BNG esta sentenza abre un novo camiño para abordar este tema e tratalo con certa obxectividade.

O BNG PREGUNTOULLE AO GOBERNO DE RAJOY POR QUE A IGREXA NON PAGA IBI POLO APARCADOIRO DO SEMINARIO