O BNG PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE NON SE PECHE O CENTRO MÉDICO DE NADELA NO VERÁN
Cosme Pombo presentará unha iniciativa para que o SERGAS cubran as vacacións do persoal sanitario deste centro médico que atende a máis de 800 persoas
Veciños e veciñas da zona reuníronse co parlamentario do BNG para expoñerlle a súa preocupación polos recortes en recursos que están a sufrir
Lugo, 9 de xullo 2015. O BNG levará ao Parlamento Galego unha iniciativa para garantir que se cubran as vacacións do persoal sanitario do centro médico de Nadela. Cosme Pombo sinalou que os veciños e veciñas xa sufriron este mesmo problema o verán pasado e engadiu que non pode ser que se peche un centro médico que atende a máis de 800 persoas. Pombo lembrou que este centro incrementou, neste últimos anos, o número de usuarios que pasou duns 500 a 800 e sinalou que son moitas as persoas que teñen dificultades para desprazarse por si mesmas ata outros centros de saúde.
Cosme Pombo achegouse á parroquia de Nadela xunto co voceiro municipal desta mesma forza política Rubén Arroxo e máis a concelleira Maite Ferreiro. Reunidos coa veciñanza analizaron a falta de previsión da Xunta de Galiza para cubrir as vacacións do persoal sanitario que atende este centro, polo que o BNG presentará unha iniciativa no Parlamento de Galiza. Pombo sinalou que este centro atende a persoas de cinco parroquias e que en moitas casos trátase dunha poboación envellecida que precisa dunha atención de proximidade, continuada e de calidade.
O parlamentario do BNG explicou que este mesmo problema estase a dar en moitos centros médios da rpovincia de Lugo e de toda Galiza. Pombo cuantificou en 35 millóns de euros os recortes aplicados pola Sunta de Galiza en atención primaria dende que Feijoo é presidente do goberno. Cosme Pombo dixo que a xente de Nadela tamén ten dereito a enfermar no verán e recibir unha atención de calidade no seu centro médico.