O BNG SÚMASE, NO PARLAMENTO, ÁS PETICIÓNS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DAS MERCEDES
Cosme Pombo afirmou que pedirá, a través dunha proposición non de Lei, a demisión dos responsables políticos do decreto de conversión do IES As Mercedes
O BNG xa presentou diversas iniciativas parlamentarias para coñecer as intencións da consellería e reclamar que As Mercedes volva a impartir ESO e Bacherelato
Lugo, 11 de xullo 2015. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, presentou unha serie de iniciativas no
Parlamento Galego tras coñecerse a sentencia do TSXG decretando a nulidade do decreto de transforación do IES As Mercedes nun centro integrado de formación profesional. As iniciativas do BNG foron encamiñadas saber cales son as intencións da Consellería de cara ao futuro deste centro educativo lucense. O BNG comparte a apoia a iniciativa da comunidade educativa deste centro para que Lugo recupere un centro de ensino público necesario para esta zona da cidade.
O BNG pedirá, a través dunha proposicón non de Lei, a asunción de responsabilidades políticas e reclamará a dimisión dos responsabeis do dictado deste decreto que agora foi rexeitado pola xustiza por telo elaborado dun xeito arbitrario e inxusto. Para Cosme Pombo a Consellería debería reparar o dano causado e tomar medidas para que fose posíble impartir ESO e BAC no centro no que se están investindo máis de 5 millóns de euros.
Cosme Pombo explicou que nesa zona sur da cidade hai unha demanda crecente de prazas de ensino na ESO e BAC e precisamente eso era o que ofertaba As Mercedes antes de que o PP impuxera o seu criterio para beneficiar aos centros privados da contorna. Pombo lembrou que a transformación de As Mercedes fíxose por decreto e contra a opinión de toda a comunidade educativa e sinalou que estes son os efectos das imposicións do PP cando goberna, que toma as decisións, unicamente, para atender os seus intereses partidarios.