OS GRUPOS DA OPOSICIÓN, AGÁS O PP, TOMAN A INICIATIVA NO CONCELLO DE LUGO

OS GRUPOS DA OPOSICIÓN, AGÁS O PP, TOMAN A INICIATIVA NO CONCELLO DE LUGO

IMG_1322 BNG, Lugonovo, ACE e C´S consensuaron hoxe, nunha xuntanza de portavoces, unha proposta de cara ao pleno de organización que se celebrará a vindeira semana

Ante a inacción do PSOE, respaldado polo PP, os catro grupos da oposición acordaron unha serie medidas que serán remitidas ao grupo de goberno

Lugo, 3 de xullo 2015. Portavoces dos grupos políticos con representación na corporación municipal de Lugo, agás PP e PSOE, mantiveron hoxe unha xuntanza para acordar diversas cuestións de cara ao pleno de organización da vindeira semana. BNG, Lugonovo, ACE e C´S consensuaron hoxe unha proposta que lle presentarán ao equipo de goberno e que lle trasladarán ao PP xa que, ámbolos dous, non asistiron a este encontro que se realizou en réxime de autoconvocatoria.

Os catro grupos da oposición coincidiron en sinalar que “este é o xeito no que hai que traballar e buscar acordos a través do dialogo” e lamentaron “o desinterés de PP e PSOE por asistir a esta xuntanza na que, a pesares das diferenzas ideolóxicas, chegamos a acordos que serán positivos para Lugo e para os veciños e veciñas”.

O voceiro do BNG, que xa reclamara en días pasados a celebración dunha xunta de portavoces, dixo que “hoxe quedou claro que os grupos que estamos fora do bipartidismo temos suficiente capacidade para tomar a iniciativa cando hai un baleiro de liderazgo por parte deste goberno en minoría que fuxe de falar no foros nos que hai que chegar a acordos”.

Dentro da proposta, consensuada hoxe, establecéronse pautas para definir o que dIMG_1312eben ser as competencias de cada un dos órganos de representación e goberno do concello. Ademais as catro forzas, BNG, Lugonovo, ACE e C´S manifestaron a necesidade de garantir o acceso dos grupos da oposición a toda información relacionada cos distintos expedentes administrativos e acordos de goberno. Tamén salientaron a necesidade de garantir a presenza dos grupos políticos naqueles órganos municipais que teñen poder de decisión e nos que é posible a súa representación.

 

Un dos contidos da proposta contempla unha alternativa á estrutura de liberacións de concelleiros e asesores que presentou o PSOE fai uns días. Os portavoces acordaron unha serie de modificacións para adecuar a asignación de medios aos grupos políticos en función das súas necesidades reais e mantendo a redución prevista do gasto.

OS GRUPOS DA OPOSICIÓN, AGÁS O PP, TOMAN A INICIATIVA NO CONCELLO DE LUGO