O BNG-AA PEDIU A CELEBRACIÓN DUNHA XUNTA DE PORTAVOCES NO CONCELLO DE LUGO
Rubén Arroxo sinalou que o concello está paralizado e o PSOE ten que dar pasos para poñer a funcionar o concello por que a xente necesita que funcione
O voceiro do BNG-AA afirmou que están a traballar para levar adiante unha propost a que sexa consensuada entre todos os grupos para o pleno de organización
Lugo, 30 de xuño 2015. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou hoxe que se convoque unha xunta de voceiros para analizar e debater as diferentes propostas de cara ao pleno de organización do concello. Arroxo dixo que a actual conformación da corporación, e o feito de que o PSOE vai gobernar en minoría, implica que deberá haber un dialogo constante e necesario. Arroxo dixo que queremos que esta convocatoria da xunta voceiros se faga efectiva por que creeemos necesario que todos os grupos presenten as súa propostas de cara a lograr o mellor para Lugo.
Arroxo indicou que nós temos unha proposta que implica unha mellora na transparencia e no funcionamente do concello ademais de conseguir unha importante redución do gasto ao mesmo tempo que se garanten os medios para o funcionamento de todos os grupos con criterios de proporcionalidade. Arroxo insistiu en que é necesaria a inmediata convocatoria dunha xunta de portavoces na que se concreten todos os aspectos que debe contemplar a proposta que se leve ao pleno de organización.
O BNG-AA está a traballar para levar adiante unha proposta que sexa consensusada entre todos os grupos políticos para levar ao pleno de organización e entendemos que o lugar para presentala é a xunta de portavoces. Arroxo explicou que a proposta do BNG-AA non é unha proposta pechada e estamos abertos a negociala co resto dos grupos. Como resposta a preguntas dos xornalistas Arroxo dixo que nóos entendemos que non hai ningún pacto entre PP e PSOE sobre a proposta para o plenode organización, pero se esto fose así sería algo insultante e, por suposto, condicionaria as relacións futuras.