O BNG PIDE QUE CONCELLO E XUNTA ACTÚEN NO CASO DO DESALOXO DA CASA DE PARADAI E PENSEN NAS PERSOAS

O BNG PIDE QUE CONCELLO E XUNTA ACTÚEN NO CASO DO DESALOXO DA CASA DE PARADAI E PENSEN NAS PERSOAS

Antón Bao dixo que “non se debe actuar dende un urbanismo deshumanizado nin a desputa competencial, senón que hai que ter presente que polo medio hai persoas”

 Bao pediu que “agora e sempre se coordinen as actuacións urbanísticas coas de atención social para anticipar conflitos humanos.”

 Lugo, a 1 de xullo de 2013.

Antón Bao esixiu hoxe que Concello de Lugo e a  Xunta de Galiza actúen de inmediato para solventar o problema da persoa que vai ser desaloxada no barrio de Paradai.

 Bao indicou que nestes casos “débese actuar con perspectiva humana e non unicamente dende a burocratizada do urbanismo deshumanizado ou dende a disputa competencial”.

Non debe ser así para o BNG por que polo medio hai persoas e a xestión política debe pensar primeiro nelas, estar coas persoas.

“Nun caso coma este que leva detrás anos de resolución, debíase ter planificado a atención social dende o inicio e non deixar a ninguén tirado polo camiño”, indicou o voceiro municipal do BNG.

Para Bao “faltou máis sensibilidade dende o goberno municipal, fallou que o urbanismo teña presente o lado humano e que se coordinara dende o inicio deste proxecto cos servizos sociais para atender dende o principio ás persoas que se poidan ver afectadas”.

“O urbanismo ten un factor humano e así se debe concibir. Debe ter clara a compoñente social e de benestar que tamén procura, e aportar solucións e non crera problemas.” dixo Antón Bao.

Tamén no caso ten responsabilidades a Xunta de Galiza de quen depende o proxecto do obra de Paradai e que ten competencias en materia de vivenda. Polo tanto, a Xunta ten que propoñer tamén algunha solución xa que no inicio do proxecto se propuxeron medidas de realoxo que ou ben non foron completas ou non se executaron.

Antón Bao, polo tanto, esixiu que “Concello e Xunta acorden solucións para esta persoa que se vai ver fóra da súa vivenda. E, ademais, que isto sirva como precedente de atención social nas decisións urbanísticas para outros casos que poidan xurdir nesta obra ou en calquera outra actuación futura”. 

O BNG PIDE QUE CONCELLO E XUNTA ACTÚEN NO CASO DO DESALOXO DA CASA DE PARADAI E PENSEN NAS PERSOAS