O BNG PIDE EXPLICACIÓNS A FOMENTO POR PARALIZAR AS OBRAS DA A-54 ENTRE PALAS DE REI E GUNTÍN

O BNG PIDE EXPLICACIÓNS A FOMENTO POR PARALIZAR AS OBRAS DA A-54 ENTRE PALAS DE REI E GUNTÍN

 A deputada do BNG rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara para denunciar “un novo incumprimento das promesas de Fomento e da Xunta”

Madrid, 11 Febreiro 2013. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou esta mañá unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para pedirlle explicacións á Ministra de Fomento pola paralización das obras da A-54 entre Palas de Rei e Guntín.

A deputada do BNG faise eco das informacións publicadas que indican que a Deputación de Lugo anunciou a decisión do Ministerio de paralizar esta sobras “nada máis e nada menos que ate o ano 2015”. Rosana Pérez reprocha ao Ministerio “un novo incumprimento de promesas xa que tanto Fomento como a Xunta sostiveron até hai moi pouco que esta autovía estaría en servizo no ano 2015”.  

“Retrasos que se acumulan sobre retrasos porque temos que lembrar que xa  tiña que estar rematada en 2010. Con esta paralización, debemos apuntar a outro dos incumprimentos do Goberno central e da Xunta”, sinala. “O Ministerio deixa claro que non vai incluir partida orzamentaria para esta necesaria infraestructura vial para o ano 2014”.

A parlamentar nacionalista tamén recolle na súa iniciativa que a UTE Palas, adxudicataria das obras, pediu á Deputación de Lugo unha prórroga nas autorizacións de desvío de tráfico polas tres estradas provinciais até mediados de 2015”. Ademáis do “enorme retraso na posta en servizo desta autovía, Fomento obriga aos conductores a desviarse polas estradas provinciais durante máis de dous anos”.

Neste sentido, pregunta ao Ministerio de Fomento pola denuncia da Deputación de Lugo que puxo de manifesto “que o desvío de tráfico polos viais provinciais causou danos por máis de 200.000 euros. Razón pola que reclama ao Ministerio a reparación dos danos, sobre todo tendo en conta que os conductores deberán circular por estas estradas provinciais durante dous anos”. “Vai mellorar o estado das tres estradas provinciais afectadas polas obras da A-54?”.

Ademáis destas preguntas, a deputada do BNG interpela a Fomento sobre a data na que estará lista esta autovía. “Canto tempo de retraso vai acumular na súa posta en marcha?”.

O BNG PIDE EXPLICACIÓNS A FOMENTO POR PARALIZAR AS OBRAS DA A-54 ENTRE PALAS DE REI E GUNTÍN